Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todos caen na tentación

viernes, 29 de febrero de 2008
A tentación de todo político é contentar a colectivos numerosos, de xeito que o seu grupo ou partido teña en momentos decisivos votantes afervoados ou estómagos agradecidos que cedan o seu voto en compensación ó favor prestado.

Non pode haber mellor contento nin colectivo máis agradecido que un grupo de contratados que por obra e gracia dunha decisión político-administrativa se convirtan en funcionarios ou traballadores fixos que durante o resto da súa vida terán na Administración o seu sustento. Na Administración central ou institucional, na autonómica ou nas empresas públicas, os colectivos de interinos ou provisionais móvense cunha rapidez e un dinamismo digno da causa que os impulsa, provocando no goberno de turno unha inquedanza que ninguén quere soportar por moito tempo.

O Goberno da Xunta prepara unha operación para facer fixos traballadores herdados de épocas anteriores, sexa persoal laboral, funcionario ou procedente de asistencias técnicas. As portas estanse entornando para que, unha vez se chegue a un acordo cos sindicatos, se consume a operación.

Ninguén está libre da tentación de facer fixos a empregados que suspiran por esta dignidade. Ninguna cor política libera ó alto cargo da tentación. Ninguna administración se libra deste xeito espúreo de aumentar os servidores públicos dunha Administración xa abondo hipertrofiada.

E o tema farase, sen dúbida, dentro da máis estricta legalidade que para eso a Administración ten quen confeccione as leis e quen proporcione atallos para facilitar o seu cumprimento. O que falla é a filosofía, o dogma, o talante... pero ¿quen anda con filosofías – primum vivere- á hora de contentar a un colectivo de miles de persoas coas súas respectivas familias que discuten, barullan... ¡e votan!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES