Este sábado pasado celebrouse na igrexa de san Francisco de Santiago a misa de cabodado do franciscano frei José García Oro, profesor e mestre no ITC e na Universidade compostelana desde o ano 1963 até 2001. Recemos por el e que Dio-lo paguiño!
Para os usuarios de GaliciaDigital que queiran ter unha idea máis axeitada e completa do inxente labor que el desenvolveu no eido da historiografía galega, permítome dirixilos a todos eles á súa biografía aloxada en "
Galegos" desta plataforma, onde atoparán ampla e satisfatoria información. Fagámolo, é o meu desexo, como cumplida homenaxe a un dos bos e xenerosos. Eu aquí, hoxe, e tamén coa súa venia, só quixera traer ó conto, e a

xeito de in memoriam agradecida, mesmo esgazada, a miudeza dunha alocucionciña feita o 8 de febrero de 2015 diante do propio Frei José Garcio Oro cando catro ou cinco alumos del nos xuntamos no Salón Carlos V de Santiago para agracederlle o seu maxisterio para con tanto mundo que tivo a sorte da súa beizón académica e cultural. Sic:
Noso querido P. Oro: Xa é tarde e o día vai de caída. Vou ser breve e con palabras prestadas. Segundo ti nos aprendiches, cito: Don Ramón Cabanillas, revista quincenal Eco franciscano, ano XLII, num. 879, Santiago de Compostela, 1º de xulio de 1930 páx. 348. Co gallo da inauguración do Monumento a San Francisco de Asís de aí fóra, lense na fachada desta casa os ben coñecidos versos do poeta de Cambados: No chan era o silencio/ e no ceo era a verba
Sen comentarios. E volvo citar, agora do Novo Testamento, con paráfrase e non ad pedem literae: a vida é a luz dos homes;
a palabra, a verba, (ti!) era a luz verdadeira que alumea para o home
A palabra, a verba (ti!) fíxose carne e vida e plantou en nós!... e nós disfrutamos a súa gloria e graza (a túa)
unha gloria chea de graza e de sorriso e de verdade
. Si, P. Oro!, estoute vendo como logo aparecerás magníficamente retratado na novela O anxo negro de Manuel Gago: retranqueiro, cercano, sabio, preto do desenlace feliz da noxenta trama de tráfico de imaxes na Galicia posconciliar, tan só co teu aceno e pericia indicados neste caso,e como sempre, co adobío do humor pillabán, atinado, mesmo agudiño e fraterno ó un tempo.
No chan
o silenio do claustro, o silencio daquela oración tan de cedo; o silencio do estudo e a disciplina académica de toda a mañá e de todo o serán conventuais; o silencio do son dos lapis, ti, case carpinteiro; das follas dos libros de todo o día, e da máquina de escribire case toda a noite. Como traballaba o P. Oro os pergamiños, os libros becerros, as crónicas, os arquivos, agora dixitais, agora microfilmados, agora e

sempre coa súa lupa e a técnica profesada sobre a diplomática dos secretos reservados os peritos consagrados.
E no ceo
o ceo daquel traballo e oración do amencer e do pomeriggio e da tardiña do Pórtico da Gloria da catedral cando os mozos de Fonseca fiaban as súas lerias na roca do amor e da xolda a carón da Casa da Troia, que tamén todos e todo era franciscanamente teu.
E velquí a verba comezou a facerse luz e vida, nos anos 19554 e 55, cando ti, noso P. Oro, colliches a manixa do Liceo franciscano e desde as máns do labrego fillo do Deza, que nunca desaperecu en ti, madíaleva, comezou a xermolar unha das autoridades máis ilustres no eido da historiografía galega, ergueito e formando parte para sempre da gloria calada do Vitor da entrada desta Casa de San Francisco de Santiago, á que nel se ven chamar Universidade de preclaros varóns. Era entón a primerira centella con aqueles dous monográficos temperáns pero senlleiros, La Inmaculada y nuestros teólogos (1954) e La Provincia Franciscana de Santiago y el origen de los descalzos (1962): centella á que seguíu un relampo de máis de 72 monografías, estudos e ensaios sobre as vilas e cidades, pazos e mosteiros, institucións e persoeiros que fundamentaron desde a Baixa Idade Media e Renacemento (tema da túa especialidade) a nosa Galicia.
Naquela xuntanza daquel 8 de febrero do 2015 a que remato de referirme, seguiron a falar outros intervintes, ben e longo. Pero antes de rematar as miñas verbas botei man do testemuño escrito que para a ocasión me entregara, para alí ser lido, o amigo Xerardo Estévez, exalcalde de Santiago, ausente do acto por razóns de forza maior. E lin: Oro é capaz de descifrar científicamente e espiritualmente os estratos da nosa cidade. Coñece como ninguén o relato de Compostela escondido no interior da historia das súas pedras. Un compostelán de luxo. Durante anos encontrabámonos decote na rúa e viámonos ás veces no convento
Falabamos de Santiago e sempre me deu boas opinións e consellos. Simpático, irónico, un frade frade, dos que gustan
Oro é de ouro. ¿A que espera a reconocelo a cidade a que tanto el quere?.
Pois
a ver! : a cidade e toda a comunidade galega!, digo eu. E non o esquezan: cfr. galegos, galiciadixital.com, garcia oro jose. E de corazón, Pater, vivas, semper vivas!