Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rebola bola, disciplina e azucre

miércoles, 15 de enero de 2020
Nun fermoso tema, cheo de coplas, queixábanse os de Saraibas no ano 80 de que

“Os deputados galegos
sonche moi ben educados:
falan moi ben nesta terra
e en Madrid están calados”.

Pois ben, hoxe cambiou o conto e os plurais sentires do país latexan no congreso. Unha oportunidade de coñecernos e falar de nós en realidades diversas sen medo. Xuntos na diversidade, xuntos pero distintos, iguais e diferenciados. Xuntos pero esixindo, sendo conscientes de que cada deputado representa uns intereses lexítimos que debería de defender máis alá do propio partido.

Se pasa isto, cada deputad@ elect@ levaría a Madrid a voz da súa xente e reclamaría cambios reais despois de escoitar, meterse na pel do pobo e palpar as súas necesidades. Calquera cidadá, ante calquera problema, debería poder escribirlle aos deputados da súa provincia expoñéndolles o caso e as súas señorías deberían de estar obrigadas tanto a contestarlle como a representar os seus intereses ante o pleno do Congreso.

Evidentemente isto non vai pasar porque a disciplina de partido impide a representación real do territorio. 40 anos despois a copla de Saraibas segue de actualidade porque as súas señorías dilúense na disciplina de partido como terróns de azucre no café.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES