Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Viaxar ás capitais... dende Ribadeo?

lunes, 13 de enero de 2020
Hai unhas semanas aparecía na primeira dun xornal: 'Viaxar a capitais galegas en transporte público dende Lugo é unha odisea'. Coido que quen puxo o título non atoparía outro para poñer sobre o mesmo tema dende Ribadeo... a non ser que usara a palabra 'imposible'.

No interior do xornal, o título era 'Unha vila (case) incomunicada", e incluía infografía cos tempos, en tren ou autobús, en chegar ás outras capitais, a cada hora de conexión, e indicando se había enlaces ou non. A (case) incomunicación permitíalle ó xornal desdeñar comunicacións por tren con Vigo por ter mal enlace en Ourense.

Dende a costa vemos esas (case) incomunicacións como un luxo, un auténtico derroche que non podemos permitirnos. Vexamos como exemplo o caso de Ribadeo, deixando á beira do camiño solucións como a que plantea unha empresa de billetes por internet, facer a vixe a Lugo a traverso de bus e tren pola Coruña e Ferrol, ou ben en bus por Ponferrada e Oviedo.

Anda! Se non hai autobuses para ir ó hospital a Lugo! Ben, non é certo, sempre podes ir ata estacion de autobuses de lugo, e logo coller un urbano... e sorrir mentres. E hai ata catro servizos de ida e outros tantos de volta (os días laborables, a partir de hora e media de duración de cada traxecto), que permiten pasar literalmente o día en Lugo. Se tes que ir ó hospital e estás delicado... bueno, iso é 'algo' diferente, xa te amañarás para chegar. Por outra banda, se es de Lugo e queres pasar o día en Ribadeo, mellor, procura onde durmir se ves en autobús.

Tren... coido que hai máis dun século que non se propón nin que exista unha vía férrea entre ribadeo e Lugo.

Pasemos á capital de Galicia. Se salgo ás 9 da mañá, podo estar de novo na casa en Ribadeo ás 10 menos cuarto da noite. Quédanme 5 horas e dez en Santiago! Claro que como chega ás 13:20 á estación de autobuses de Santiago, o de facer xestións non está nada doado...

Vale, imos ver á Coruña. Procuro e... xa teño a volta para os días de diario... e a ida? Non aparece!... pensándoo mellor, vou a Ferrol, que si que atopo algo directo de ida e volta, a FEVE: 4 posibilidades de ida e outras catro de volta a diario, todo un luxo que ata me permite estar entre as 10 da mañá e as sete da tarde na 'cidade departamental', tras tres horas de viaxe de ida e antes doutras tantas de volta. E de alí á Coruña podo ir ata en barco! Non sei o que durará funcionando a liña Ferrol-Xixón, pero mentres dure, aínda cos contínuos fallos no funcionamento por diversos motivos achacables en xeral á falta de inversión en mantemento, bendita sexa!

Claro que no caso de Ribadeo, extremo norleste da administración noroeste, sempre nos quedan Oviedo ou Xixón... cidades que por algo teñen a Ribadeo na súa esfera comercial, e aínda a pesares doutras tres horas ou catro horas de viaxe segundo o medio de transporte comunitario e horario elixidos, porque si, neste caso, ata se pode elixir!

Unha nota final: Xa non poño nada sobre ir ata Vigo ou Ourense. Por que? Adiviña!
Gregorio Montes, Antonio
Gregorio Montes, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES