Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O futuro do automóbil está en Galicia

jueves, 28 de febrero de 2008
A pesar de que os vehículos automóbiles levan un século facendo a vida dos humanos bastante máis cómoda, os usuarios temos a sensación de que os vehículos están ou estaban ata agora sen rematar.

Porque as empresas de fabricación de automóbiles, nacidas moitas arredor de nomes senlleiros de “aqueles chalados cos seus vellos cacharros” procuraron artiluxios que consumiran menos, que fosen máis seguros para os usuarios, que corresen máis, que fosen cómodos. Pero faltaba algo. Algo que, ó parecer, van ter moi axiña, e gracias ó Centro Tecnolóxico da Automoción en Galicia.

Non parece lóxico que non se avanzase máis na incorporación do ordenador e as novas tecnoloxías ós automóbiles, non debendo encaixar na ciencia-ficción avances que poderían estar vixentes, como é o que o vehículo puidese circular mesmo sen conductor só conque as estradas estivesen debidamente preparadas coa sinalización ou instalación precisa.

O Centro Tecnolóxico da Automoción en Galicia dispón xa dun sistema que fará que os vehículos automóbiles detecten e recoñezan os sinais de tráfico e automáticamente axusten o funcionamento do vehículo ó que os sinais establecen se o conductor o permite.

Tardaremos aínda dous anos en dispor dos vehículos que incorporen este sistema, pero será un gran paso no mundo da circulación e o camiño a seguir investigando e traballando para eliminar tantas mortes producidas polo tráfico, sector no que Galicia é especialmente damnificada.

O futuro do automóbil está en Galicia. Pero tamén a mellora da seguridade, a reducción de cifras tráxicas, a rendibilidade da investigación aplciada á vida. ¡Inventemos nós!. Veremos como é rendible.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania