Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ignorancia política

viernes, 10 de enero de 2020
A miña ignorancia política impídeme dilucidar as diferencias esenciais entre as tendencias políticas, quedándome na prosa poética das mensaxes sen atopar concordancia coas posteriores postas en práctica, de xeito que sen caer na inxustiza de consideralos a todos iguais, tampouco chego a apreciar diferencias sustanciais en procedementos e resultados.

Considerando que o actual sistema autonómico, en inestable equilibrio polo reparto económico o mesmo ca o das herencias nas familias con dificultade de diálogo, ven ser xustamente inxusto e os irmáns maiores aspiran á parte do león, estimo - tamén neste eido é manifestamente curta a miña formación- que os desta esquina noroeste temos igual dereito ca os esquinados cataláns e os calculadores vascos, e que o que eles consigan no futuro tamén nós debemos conseguilo, sexa cal sexa ese froito.

Agora que o candidato a Presidente andivo a repartir pratos de lentellas para conseguir a primoxenitura, e pasou polas caudinas forcas autonómicas queimando a nosa pólvora, causoume leda sorpresa o que lle vai pagar ao BNG polo seu único voto no Congreso, que vai desde a modernización do ferrocarril ao uso do galego, do saneamento das rías á transferencia da A9, de axudar á industria electrointensiva a asegurarnos o mesmo status político ca ás autonomías máis poderosas… O meu reino, por un voto!. Madrid ben vale un responso a cambio da fugaz gloria do presente.

Nada do que ocorre axuda á miña formación política, e cada vez son máis ignorante do que está a pasar. Se alguén o entende ben, non me importaría –agradeceríao!- recibir unhas cantas leccións.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES