Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A proba do nove

miércoles, 27 de febrero de 2008
En tempos nos que todos os cálculos se facían á man, a chamada “proba do nove” era o instrumento perfecto para comprobar se unha operación –neste caso, unha multiplicación- estaba ben feita.

Galicia e toda España vai ter o próximo día nove a súa proba máis exacta para comprobar o resultado das “operacións” feitas no país os últimos catro anos e o que todos nós, colectivamente, pretendemos para o próximo cuatrienio.

Celebrado o primeiro dos debates dos principais candidatos á presidencia do goberno, ou ben se mantén o empate técnico ou a diferencia é ben pequena.

Pero esto son apreciacións personais de cada quen, e cada votante garda no seu interior máis recóndito intencións e opinións que ninguén saberá claramente ata que esa decisiva proba do nove se faga efectiva.

Despois do nove de marzo, quen goberne terá diante de sí unha tarefa importante e dura, cando se evidencie toda a realidade crúa que a economía nacional presenta, da que por agora só podemos apreciar síntomas por parte dos industriais, dos comerciantes, dos bancarios, dos particulares, que non preludian situación cómoda ata que a mareira da economía se asente unha vez asentada a mareira social.

O nove de marzo é xornada ben decisiva para todos. Preparémonos para votar. Con todo o xeito que o país precisa. Con toda a responsabilidade que todos precisamos. Pasemos a proba do nove, para de novo comprobar que somos maiores de idade e sabemos e queremos camiñar con paso firme no inmediato futuro.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES