Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A nova Galicia Digital

martes, 26 de febrero de 2008
Estamos a punto de cumprir oito anos na rede. Será aló por abril. O comezo de www.galiciadigital.com foi en abril de 2000, cando Internet era o summun de todo investimento, o punto culminante do progreso, referencia imprescindible para a industria, o comercio, a cultura, a información, o progreso.

Despois pasou o que pasou, e moitos quedaron no camiño e outros seguimos navegando contra vento e marea ata esta mar calma do 2008 no que parecen volver a abrirse os ceos do futuro perfecto para as aventuras neste novo mundo de Internet.

Velaquí que Galicia Digital, nestes sete anos, foi construíndo pedra virtual a pedra virtual un edificio de vintetantos portais informativos sobre os máis diversos aspectos do noso país, en solitario, sen axudas, sen arrimarmos a ninguén, como unha empresa familiar máis dos milleiros que en Galicia loitan por sacar adiante iniciativas novas, diferentes e arriscadas.

Nesta loita en solitario chegamos a finais de 2007 para comprobar que, despois de ter aumentado un cento por cento anual as nosas visitas no último trienio, pechabamos o ano con 7.098.288 visitas e 22.631.026 páxinas vistas.

E soubemos que era momento de medrar máis, de dar un paso adiante, de facer de Galicia Digital algo máis grande.

O noso accionariado vese desde hoxe enriquecido pola entrada nel dun membro senlleiro, o avogado vilalbés afincado en Madrid, Domingo Goás Chao, que aportará experiencia e firmeza á nosa andadura permitindo a evolución da actual Galicia Digital a unha nova máis forte, máis puxante, aínda máis firme.

Ó tempo que saudamos ó recentemente chegado ós nosos Consellos de Administración e Dirección, anunciamos a toda Galicia a nova etapa que comezamos, e reafirmamos a nosa vontade de ser unha fiestra pola que todo o mundo -especialmente o mundo galego, e o mundo que coñece e ama a Galicia- poida entrar virtualmente no noso país.

Grazas, Galicia pola acollida de sempre. Agardamos seguir merecendo, cada día máis, a atención dos galegos e de todos os que se interesan polo noso país.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania