Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Surrealismo Urbanístico

lunes, 25 de febrero de 2008
Fai uns días os veciños de o Piñeiro (Vilagarcía de Arousa) cualificaban o “muro da vergoña” de tomadura de pelo. Isto ben a conto sobre esa barbaridade urbanística que está a vulnerar a lei do solo no devandito lugar.

Falando cunha persoa que coñece o tema o cualificou a este “muro” de surrealismo puro e duro. Eu me pregunto ¿Cantos surrealismos urbanísticos desta e outra índole veñen acontecendo desde fai un tempo atrás? Non deixaron monicreques con cabeza en case tódolos recunchos do Concello de Vilagarcía.

Os que somos xentes do común, xentes de embaixo, sen política polo medio, afectadas polas anteriores decisións daquel goberno do Concello (onde algúns que tiñan as leiras a render lle chamaban goberno de “progreso”) nas súas diferentes formas, especulación, recheos, circunvalacións, expropiacións etc., estivemos nun desamparo total, onde case sempre houbo escuridade nestes temas, ou interpretacións da lei facendo malabarismos ao estilo: "nin tanto arre que fuxa nin tanto xo que se deite”.

Na freguesía de Sobran, voume a limitar concretamente a dous “surrealismos” (entre moitos máis) na zona de Vilaxoán. A primeira trátase dunha edificación “oficial da Xunta de Galicia” con alturas, coido que fora do normal no parque Dna.Concha. En tempos pasados falábase de facer o parque cun recheo para que “xogaran os nenos”e estar máis preto do mar, fíxose o parque e agora nin nenos, nin ves o mar, neste caso é como pasar pola terra dos tortos e pechamos un ollo.

A outra atópase nas Saíñas, onde xa fai tempo lle comeron ao mar cuns recheos e ten unha entrada de soamente catro metros que vai preto da que antigamente era unha praia (Saíñas) e o Esteiro, neste lugar permitiuse facer unhas edificacións que pode entrar nese surrealismo do que falaba antes.

Agora están a falar desde os poderes públicos de recuperar o Esteiro (antigas salinas) rexenerando esta zona de fauna e flora. Todo é unha contradición ante esta iniciativa (por certo, iniciativa moi positiva), os de antes hipotecan a zona con estas edificacións ao pé do mar e agora a queren rexenerar, o mal xa está feito, por intentalo que non quede; aínda estamos a tempo de recuperar o Esteiro antes de que a especulación nos coma vivos. Isto é unha pequena mostra en Vilaxoán, non digamos o que se permitiu facer en todo o Concello deste “surrealismo” urbanístico.

Lembro fai uns meses cando a ONU alertaba sobre a “especulación urbanística” desenfreada en España, onde hoxe é un problema de estado, dun problema social, medioambiental e cultural máis grave do país. Xamais na historia europea tivo lugar unha ocupación do solo tan brutal polo seu impacto ambiental.

Daquela no Concello o demo para facelas cubríase cunha manta e para descubrilas tocaba unha gaita, o demo naquelas paredes de Ravella xamais durmía.

Temos que ir no camiño das cidades máis respetuosas co medio ambiente e recuperar unha calidade de vida máis saudable, cidades feitas á medida do ser humano; cidades onde os espacios sexa posible a convivencia e non o brutal intercambio mercantil.
Cardalda, Theo
Cardalda, Theo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES