Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Wonder e a obriga de demostrar todo

miércoles, 01 de enero de 2020
Vin a película de Wonder que trata dun rapaz que ten unha deformidade facial suficiente para desencadear todo un proceso de acoso escolar que causará neste rapaz e na súa familia un enorme sufrimento.

O rapaz, como tantas outras persoas con diversidades, vese na obriga de demostrar a súa valía e de responder a unhas esixencias superiores ás que se lle fan aos seus compañeiros. Ademais, para integrarse no grupo de pares ten que aproveitar determinados momentos para forxar amizades, como por exemplo de que alguén non traia os deberes ou deixar copiar nun exame.

No transcorrer da historia a diversidade naturalízase ata ser un compoñente máis da realidade; pero, cabe preguntarnos como podemos chegar a unha sociedade na que non faga falla sofrer para ser naturalizado e incluído. Como podemos construír unha sociedade que acolla dende o mesmo berce máis alá de toda diferenza?

Chega un momento en que xa non precisamos titáns, heroes nin historias de superación. O que precisamos é sinxelamente convivir nunha sociedade na que cada persoa teña a oportunidade plena de ser ela mesma.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES