Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Perdoar e esquecer

jueves, 26 de diciembre de 2019
Cando se remata un ano, sempre se adoita facer balance:
-Os comerciantes fan balance das súas empresas.
-AS FAMILIAS FAN BALANCE dos seus logros, do que amortizaron a hipoteca, das altas e baixas na familia, da evolución dos estudiantes, da vida laboral, dos esforzos empregados…

-A NIVEL PERSOAL TAMÉN PODEMOS FACER BALANCE, sobre todo balance do que aprendemos, do ben que fixemos, dos nosos logros, dos nosos erros, do que maduramos como persoas…

Normalmente DE NÓS MESMOS NON ADOITAMOS A QUEIXARNOS DEMASIADO; pensamos que sempre fixemos o que debíamos ou o que podíamos facer (aínda que eso non sexa sempre verdade).
Pero…Máis ou menos: autoxustificámonos.

Non é sempre así con relación ó comportamento doutras persoas con nós: VEMOS MÁIS A PALLA NO OLLO ALLEO QUE A VIGA NO NOSO.

Uns máis e outros menos pero seguro que nalgunha ocasión:

-Todos nos queixamos das inxustizas da vida.
-Todos nos queixamos de que alguén nos fixo mal sen merecelo.
-Todos nos queixamos de que tal persoa non soubo agradecer o ben que lle fixemos.
-Todos nos queixamos da carestía da vida.
-Todos nos queixamos…

O DE QUEIXARNOS, DÁSENOS BASTANTE BEN.

Pero a verdade é que nin todas esas queixas son tan grandes nin teñen tanta importancia nas nosas vidas.
Certo que algunhas veces “frean un pouco” o noso ritmo.
Pero o normal é que superemos con máis ou menos éxito os baches da vida e reanudemos o noso camiño.

O MÁIS ACONSELLABLE É QUE SIGAMOS A NOSA ROTA SEMPRE MIRANDO CARA ADIANTE COS ÁNIMOS BEN ALTOS.
Pois: O que ten solución, soluciónase e o que non a ten, hai que aceptalo.

NON PROCEDE AMARGARSE PENSANDO EN NEGATIVO:
-Trátase de ver o lado positivo da vida.
-Trátase de aprender de todo canto nos pasa.
-Trátase de pensar que todo pasa por “algo”.

Ese “algo” ten qe servir para fortalecernos e facernos medrar como persoas de ben.
PORQUE AS PERSOAS DE BEN: ACEPTAN A REALIDADE DA VIDA, PERDOAN OS FALLOS PROPIOS E OS ALLEOS E ESQUECEN:
“BORRÓN E CONTA NOVA” como fan os comerciantes cos acreedores morosos.

Resumindo, trátase de:
-Perdoar.
-Esquecer.
-Seguir o noso camiño.
-Sempre coa esperanza posta nun futuro mellor.
-Sen desfallecer.
-Loitando polo que consideramos de maior importancia para o noso crecemento persoal.

Deste xeito:
-Despediremos un ano con ánimos renovados para que o vindeiro sexa mellor.
-Aprenderemos dos nosos erros, gozaremos cos nosos logros e …
¡ADIANTE!

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración unha ocasión máis.

¡Boas Festas e próspero ano 2020.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES