Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Panxoliña

González, Dolores - martes, 24 de diciembre de 2019
Xosé busca, anda sen tino
nun outo descansa ela

Xosé é mozo fermoso,
devezos cheos de anguria
relucen nos ollos fondos.
Peta, pide, olla, escoita,
vén de volta e sen acougo.

Ela agarda solermiña,
espernexa o neno ledo
porque quere nacer logo
xunto co primer luceiro.

María canta a modiño
cantar xudeo de berce
el escoita e maina, sinte
a quentura do seu niño.

O pai, ollos de luz e lume,
fachóns acesos, degoiro
de topar un teito a xeito
trebóns nin neve,nin vento

Devalece a lus do día
xa palpabrexa unha estrela.

Nunha aperta, camiñando
eles van cara a ningures...
canseira, esperanza e medo.
Con alfinetes de estrelas
negro cobertor do ceo.

Escoitase un infantil pranto
muxe a vaca, o burro ornea
ledas solfas, gando amigo
bafan, rinchan, cacarexan,
na corte perto o camiño.

Durme sorrindo o mociño
e a nai, a súa beira.
O pai, sentado nun tallo
descansa e, lecendo, prega.

Chamadoira do Casal 24 de Nadal 2019
González, Dolores
González, Dolores


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES