O 23 F de Media Mark
Editorial - lunes, 25 de febrero de 2008
A publicidade dunha grande superficie que se basea na frase Yo no soy tonto xa explica de xeito rotundo a mentalidade de quen a goberna, e é de lamentar que ningunha asociación de defensa das persoas menos dotadas fixera oir a súa voz en relación con tan peregrino xeito de facer publicidade.
Pero coidando non poder superar ese desatino, o pasado 23F (vintesete afortunados anos despois daquel histórico día) rebasaron todas as lindes e barreiras coa aparición nos seus anuncios dunha figura masculina que queren apareza como militar cheo de condecoracións, bandas e atributos, que proclama Este 23 F, ¡Daremos el golpe!, e A partir del 23 F, ¡todos los precios al suelo!.
Posiblemente eso venda, se os especialistas da gran superficie así o teñen estudiado e planificado, pero xogar dese xeito cunha data que puido desembocar en traxedia e foi a alteración máis grave que este país sufríu no último medio século, fai sentir vergoña allea, vergoña de espectador diante da carencia de escrúpulos do deseñador, da empresa publicitaria e sobre todo da empresa anunciante.
Como mínimo, mal gusto. O cal, claro está, non quere dicir que non venda. Non é para estar moi satisfeitos, aínda que agotasen as existencias.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora