Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Defendernos da ledicia

miércoles, 25 de diciembre de 2019
Tiña Mario Benedetti un poema titulado “Defender la alegría”. Neste poema vai citando todos os inimigos da ledicia e ao final acaba citando á propia ledicia.

O nadal é un período que nos obriga a defendernos da ledicia, a xustificar as tristuras íntimas dunha maneira máis fonda para non ficar naufragando nunha contracorrente exacerbada de felicidade.

Moitas veces, a vida atácanos con dureza e o Nadal chega puntual e implacable para afondar na ferida aberta. Ás veces, un pensa que viría ben un ano sen nadal pero resulta imposible abstraerse desa masa acrítica que forza a festa do exceso e do descontrol. Entón, so quedan dúas opcións: abstraerse ou deixarse levar.

A primeira é soidade ou a oportunidade de convertela nunha viaxe introspectiva que temos a obriga de facer pero que non sempre resulta agradable. A segunda convértenos en autómatas movidos pola masa, é dicir, monicreques do sistema.

O caso é que vivimos nun contexto que non facilita ser un mesmo, vivir na propia autenticidade; pola contra, castiga a disidencia e promove emocións de masas que nada teñen que ver co ser profundo individual e colectivo das persoas. A través das emocións, fannos ser unha especie de cromos sociais que senten exactamente igual. Pensemos ademais do Nadal na festa de Halloween que se expande como unha emoción artificial. Fronte ás datas que puntualmente esixen valores e emocións, reivindico os valores e emocións en todo tempo e lugar.

Reivindico que ningún sistema político, económico ou social nos diga como e cando podemos emocionarnos. As emocións forman parte da identidade e pertencen ao control e a liberdade persoal. Polo tanto, somos libres de sentir cando nos pete o que de a gana sen ser mediatizados por un calendario nin por rituais socialmente asumidos.

En fin, reivindico a liberdade de ser nós, ser almanaques que nos marquen os tempos de actuación daqueles valores que definen o noso xeito de vida.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania