A Lareira de Soños e a NPG adoitan a dobre normativa en homenaxe a Carvalho Calero
A Asociación Socio-Cultural Lareira de soños e o grupo poético NPG Nova Poesia Guitirica

acordan homenaxear ao profesor Ricardo Carvalho Calero, ao que se adican as Letras Galegas do próximo ano incluíndo nos seus comunicados, e no uso das redes sociais vinculadas a ambas entidades o uso das dúas normas do idioma galego, a oficial e a histórica, contribuíndo desta maneira a promover a oficialidade das dúas normas en tódolos ámbitos. Ricardo Carvalho Calero foi grande amigo do noso poeta referencial Xosé María Díaz Castro, e foi tamén o autor do único prólogo de NIMBOS, un verdadeiro estudo sobre a poesía de Pepe do Vilariño escrito en galego histórico e que foi eliminado das diferentes edicións de Nimbos tanto por Editorial Galaxia como por La Voz de Galicia. Só a segunda edición da Editora Española hoxe desaparecida, publicou ese prólogo nunha versión bilingüe en 1981 (galego-español) nunha colección dirixida polo tamén galego González Garcés. Agora recuperámola para o seu coñecemento dunha publicación de AGAL que recolle traballos de Carvalho co nome de Letras Galegas.
A amizade entre Díaz Castro e Carvalho Calero, a súa mútua admiración e caboración, lévanos a comprometernos co legado de Carvalho Calero apostando paralelamente pola volta ao galego lexítimo na escrita tal e como reproducimos hoxe nesta nota.
Prólogo ao NIMBOS de Carvalho Calero:
http://npggazeta.gal/index.php/carbalhocalero2020