Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tamén teñen dereito a soñar

lunes, 23 de diciembre de 2019
Sei ben que ó fútbol o catalogan coma o deporte das masas en plan despectivo. Quizais por isto é polo que o defenderei sempre. A maiores de que, no fútbol e en calquera deporte, tamén hai emoción; e non só polo xogo, por ganar ou perder, senón tamén polos actos.

Gústame o novo formato da Copa do Rei. Lin nun xornal de tirada nacional unha frase que me gustou: “Achegar oportunidades á versión non profesional do fútbol, repartir Tamén teñen dereito a soñarmáis diñeiro entre modestos e alumarlles sequera por uns días”. Iso é a nova Copa do Rei. Xogando equipiños na súa casa contra estrelas intocables. O de “na súa casa” é un dicir, xa que moitos tiveron que pedir prestados campos de fútbol porque os seus non estaban aptos para este torneo. Aínda que, e digo eu, e por que non? Por que para as súas ligas valen e para a Copa non, se é o mesmo xogo.

Terán medo que unha estrela bata contra un cerrado. Se bate un modesto, que máis dá. Pero non quero cortar ramallos da árbore caída. Quero falar da emoción deste novo formato. Imaxino que a noite antes do encontro, algúns xogadores “pobres” nin tan sequera durmirían ben; seguro que alumearían soños, porque soñar é bonito e soñar esperto aínda o é máis. Soñarían cun posible triunfo ou, aínda que fose cunha derrota, soñarían cun gol. Cun gol ó equipo poderoso!

Hoxe, por exemplo, os de Xaén (un terceira) viron cumprido ese soño ó eliminar ó Alavés, que, certo, nun é un poderoso, pero é un primeira. Este fútbol modesto ten a súa emoción porque saen á luz datos que deixan a un coa boca aberta, como saber que moitos tan só cobran 100 euros ó mes, ou que outros tantos teñen que pedir permisos nos traballos para poder disputar o encontro. Cen euros ó mes; ata un xogador do equipiño máis modesto de primeira división os gana no tempo en que lle leva deixar escapar un esbirro. Con este novo formato ata teñen emoción actos dos equipos poderosos: a Real Sociedade invitou a toda a poboación de Becerril de Campos (754 habitantes) a presenciar, con todos os gastos pagados, un partido en San Sebastián. E non o fixeron por compaixón (a Real meteulle 0-8 ó Becerril), xa que tal invitación realizouse antes do propio partido.

Ante isto, é normal que sintamos emoción; porque os pequenos temos dereito a soñar e os grandes saben que un día foron pequenos. Bo Nadal a todos.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES