Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do Camiño: ¡Demasiado Barullo!

sábado, 23 de febrero de 2008
Coresma especial. No político e relixioso/católico. De forzoso cumprimento para os cidadáns deste País. No canto da abstinencia/xaxún de antano estamos a aturar os balbordos e as liortas da campaña electoral máis longa e encrespada da democracia. ¡Unha penitencia engadida!.

Rodeados de vallas (espalladas polas estradas, rúas, prazas, cadeas de TV/Radio, diarios) coa fin de engaiolar ollos indecisos; con milleiros de arengas baleiras de contido e con cheiro a vinilos raiados que atorden ouvidos; cunha gran morea de mensaxes que seguen a embarullar e a vender fume e as propias miserias (mentiras/incoherencias) imos avanzando, xa cansos, por este engadido calvario, despois de catro anos de campaña e de feroces insultos. Pensen na cantidade de gastos. Ao dito cómpre engadir os milleiros de persoas e de material gastado en viaxes e grandes concentracións. Só un exemplo: Nestas dúas semanas, o presidente actual vai percorrer 13.500 kilómetros e o aspirante 12,500, coas súas respectivas comparsas.

¡Unha proposta!. Aínda que soe a infantil e a utopía. É posible. Podería facerse real. Maxinen que os partidos, segundo son quen de se pór de acordo para subir os seus soldos ¿non serían tamén de se pór para aprobar “por unanimidade” empregar esta incontable morea de cartos, gastados inutilmente e mesmo para se insultaren entre eles e insultarnos a todos nosoutros, en tapar os buracos e carencias dos máis necesitados deste País!? Podería pór a andar xa a tantas veces vendida Lei da Dependencia, quitar a fame a algúns pobres, crear postos de traballo...

¡Máis nada! Estes días prefiro o deserto, o retiro, facer silencio...¡Hai demasiado barullo fóra!
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES