Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 20 de diciembre de 2019
De Santiños pola vida

Moitas veces botamos a lingua a pacer porque non sabemos facer outra cousa ou porque simplemente queremos chamar a atención. Hai uns días, algúns empezaron a criticar a Javier Bardem pola súa asistencia ó Cume do Clima que se está a desenvolver en Madrid. Que quen era el para estar aí. Que fixera, que conseguira, que méritos tiña para tal presenza. Que carallo pintaba Javier Bardem no Cume do Clima. Hoxe, eses mesmos algúns lanzaron ou exclamaron unha chea de repeticións de “Oh my God”, “Oh my God” admirativo ante a concorrencia do tamén actor Harrison Ford nese mesmo evento. Ante isto, que se pode dicir? Que eses algúns son parvos de remate? Que eses algúns levan á Pingas de Orballosúa máxima expresión o pecado nacional, o da envexa? Sempre fomos un país de retorcidos, de envexosos. Por certo, con respecto ó de que conseguira Bardem para a súa asistencia a esa xuntanza climática; pois en principio un Oscar que Harrison Ford non ten, por moito que sexa un gran actor (que o é) ou por moitas máis películas que rodara (se é que leva máis que Bardem, que non me paro a investigalo). E ollo ó dato, o de acadar ou non acadar Oscars non ten nada que ver co do Cume, pero xa que eses algúns queren usar os méritos... aí queda iso. Non é a primeira vez que defendo ós Bardem, porque me amola moito a forma en que os atacan: simplemente por non comungar coas opinións de certos persoeiros que van de santiños pola vida. Aínda mellor: por ser “roxos”. Sempre os tacharon de “roxos”.

Suspendido no aire

Subín ó campanario da igrexa coa intención de tirarme ó baleiro, pero collinlle medo. Dei de cabeza coas campás, peguei dúas voltas cheo de carraxe e alá fun. Boteime ó baleiro! Desde 30 metros de altura. Tan axiña como abrín os brazos, quedei suspendido no aire. “Veña xa, non me amoles!”, pensei. E por moitos xestos e esforzos que fixen para continuar coa caída libre, non houbo maneira. Ó mellor quedei así para que puidese contemplar o panorama. Vía alá no fondo, coma formigas, a uns cantos veciños esperando acontecementos e coas mans na cabeza, que axiña pasaron á expresión da boca aberta ó ver que eu non acababa de caer, que quedara suspendido no espazo e no tempo, e non sabían por que. Isto penso que era o que peor levaban, o de non saber o por que da miña suspensión. Algúns, logo da primeira impresión, reaccionaron e chamaron ó 112 para que trouxeran unha colchoneta. Confiaban en que a miña suspensión fose moito máis alá dun instante para poder salvarme. Eu non quería que me salvara ninguén! Por iso berrei e berrei ante a impotencia de non caer. Quería esnafrarme no adro da igrexa. Eu, ó adro da igrexa queríalle moito, porque nel desenvolvín practicamente toda a miña infancia. Que mellor que rematar a miña existencia aí, precisamente aí! Pero nada, seguía suspendido no aire. Mais cando o reloxo deu as doce -quizais polo ruído-, collín camiño do chan que se achegaba á velocidade da luz. Rebotei coma un monicreque... na puta colchoneta!
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES