Beléns denuncia
Rodríguez Patiño, Luis Ángel - sábado, 21 de diciembre de 2019
Un ano máis, a capela de San Antón, en Momán, acollerá un ano máis un belen reivindicativo, co que se pretende lembrar nestes días as principais carencias ou problemas da sociedade na que vivimos.
O Belén de Momán conta tamén con varias recriminacións este ano. Así, o despoboamento do rural é unha das cousas que se tratan neste Belén, no que haberá aldeas abandonadas. Non faltan tampouco a discriminación racial e a preocupación polo medio ambiente. Ademais, quéixanse ante o Castillo de Herodes da falta de escolas e de atención sanitaria e lembran que hai vivendas de sobra.
En Labrada tamén se vive o Nadal lembrando os principais problemas da sociedade. Neste caso, un prezo xusto polo leite dos gandeiros e un gran espazo dedicado á violencia de xénero. O terceiro gran tema serán os dereitos do rural reivindicando máis axudas e menos impedimentos para poder vivir nestes lugares.
Ademais, xunto ao nacemento de Labrada se recollen alimentos para a cociña económica de Ferrol.

Rodríguez Patiño, Luis Ángel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora