Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'O Apalpador' André da Ponte

jueves, 19 de diciembre de 2019
Chega o Nadal e con el, en Galicia, medra cada día a implantación da figura autóctona do Apalpador, que nos últimos anos se vai asentando en fogares, escolas, músicas e literatura para os máis pequenos.

Pero son poucos os Chairegos que coñecedores de que un paisano seu, concretamente dos Vilares, Guitiriz, é o principal investigador e impulsor da figura do Apalpador, do que fixo indagacións de campo no Courel e artigos e escritos para a recuperación desta figura que ano tras ano está a medrar no nadal cómo unha personaxe propia, autóctona, que compite coa mercadotecnia colonizadora dos reis de Oriente e do Noël nórdico/ianki.

Foi no 2006 no Portal Galego da Língua cando José André Lôpez Gonçâlez publicou o seu traballo sobre o Apalpador:

http://www.pglingua.org/images/stories/pdfs/2008/20061231_o_apalpador_jose_andre_lopez.pdf

José André Lôpez Gonçâlez naceu nos Vilares, no lugar da Ponte en 1955 e mantén 'O Apalpador' André da Ponteparentesco co señor Pedro de Patricio, o Trapeiro dos Vilares pois o seu avó, o famoso Xastre da Ponte era irmao deste e da vella Requecha do Cando, na parroquia de San Salvador, nai de Xosefa a regueifeira do Cando da que ten traballado na recuepración das súas coplas editadas pola Asociación Cultural Xermolos. Aos cinco anos marchou coa familia para a parroquia tamén chairega de San Xoán de Alba.

Estudou ciencias da información e traballou en Euskadi durante moitos anos. Agora mesmo reside en Madrid. Ten destacado pola súa militancia nacionalista e por ser un respetado tradutor, poeta ensallista. Hoxe, mantense activo nesa liña desde as terras da capital do estado.

Impulsor de publicacións e revistas de pensamento marxista e colaborador de iniciativas a prol do galego e da norma reintegracionista, mantén grande amizade polifacético vilarego Raúl Río, recoñecido coa Navalla de Manuel María e co premio Trapeiro de Honra 2018. Foi tamén un grande amigo de Manuel María, polo que conserva unha grande admiración.

Explendido poeta, ten adicado a Díaz Castro un fermoso poema aló por outubro de 1990 polo seu pasamento, e tense sumado ao cectivo poético NPG Nova Poesía Guitirica.

Autor de varios poemarios, ten traducisdo ao galego histórico a obra completa de Chao Ledo e tamén de grandes poetas franceses como Boudelaire. Ten feoito traduccións de autores rusos e dapoesía palestina contemporanea ademáis ser autor de nimerosos ensaios sobre o marxismo.

O Apalpador, das terras do Courel que tanto visitou o señor Pedro, o Trapeiro, saiu, dos Vilares de Guitiriz para facer felices ao rapaces galegos. Tereixa Novo, voz de Fuxan os Ventos, comentaba que o Apalpador se lle asemellaba moito ao trapeiro de Parga que visitaba Doncos na súa mocidade...

E Fuxan, ten musicado o romance de Pedro Trapeiro, poema de Marica Campo adicado ao tío avó de José Andrê Lôpez González que paraba na casa dos Campo no Incio, onde gardaba o se burro, almacenaba trapos e cos que mantiña unha grande relación.

José André Lôpez González é un grande descoñecido na Chaira e en Galiza que ben merece ser respetado e estudiado nas súas numerosas facetas, na investigadora, ensaísta e poética. As súas aportacións para que o nadal galego recuperase a figura autóctona do Apalpador son só unha pequena parte do moito que José André, coñecido tamén polo como André da Ponte, leva aportado á nosa língua e cultura. Vaia aquí este humilde e á vez grande admiración e respeto polo seu traballo.
de Guizán, Antón
de Guizán, Antón


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES