11.000 drogadictos
Editorial - viernes, 22 de febrero de 2008
Hai un cuarto de século, Aliad Asociación de Axuda ó drogodependente- e o Concello de Lugo publicaron o libro Drogas, que son; cales son, no que se abordaba o tema para clarificar diante dos entendidos, afectados ou interesados o tema das drogas e a drogadicción.
Aínda hoxe non temos claro o tema da droga, e se sabemos cales son, a consideración oficial difire enormemente entre unhas e outras, xa que chamamos drogas de xeito especial á cocaína, heroína e produtos similares mentres que o alcohol e o tabaco entran nun capítulo ben diferente aínda que o tabaquismo estea sendo demonizado e mal visto socialmente.
Sábese que en Galicia son algo máis de once mil os enfermos que seguen terapias contra as drogodependencias, e algo máis do dobre os que confesan consumir droga polo menos unha vez ó mes. As cifras son ridículas para unha poboación como a galega, pero neste especial caso hai un abismo entre as cifras e a realidade.
Se facemos caso á opinión dos coñecedores e comprometidos no tema, os número son moitísimo máis elevados, descoñecidos, e que afectan a unha parte moi importante dos rapaces e non tan rapaces. Non só no alcoholismo, que sería a parte relativamente inocua do problema, senón as drogas popularmente entendidas como tales, onde o suposto autocontrol constitúe permisiva autorización para o consumo, especialmente abundante coas febres do sábado noite.
O de once mil drogadictos é un número tan abstracto como aquel das once mil virxes dun ceo menor. O problema en Galicia está sendo moito máis importante pero mentres non nos afecte preferimos mirar para outro lado. E os rapaces e non tan rapaces- consumidores, como controlan, pois tan tranquilos. Todos pagaremos as consecuencias.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora