Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

E nesto, foise Fidel

jueves, 21 de febrero de 2008
Para Galicia, Fidel foi nefasto. Para os galegos, de acó e de aló, Fidel foi nefasto. E se a súa executoria valese para que Cuba florecese, habería que recoñecerllo, pero non é o caso.

Hai moitos xeitos de ver e xulgar a traxectoria de Fidel Castro. Que inicialmente foi unha revulsión para unha nación sometida ó goberno de Batista, auténtica traxedia bufa.

Que os políticos analisen a súa política, os economistas a situación dos cubanos, os sociólogos a estructura social de Cuba. Os galegos temos o deber e o dereito de xulgar ó que desposuiu dos seus bens ós traballadores emigrantes galegos en Cuba que, ademáis, enviaban sustanciosas axudas ós depauperados galegos do interior que malvivían nunha durísima postguerra.

Para Galicia e os galegos, o galego Fidel – de segunda xeneración – foi unha desgracia.

“Y en esto, llegó Fidel” cantaron os troveiros adictos ó Réxime. Que tivo sen dúbida cousas boas, pero resultou convertido nunha longa noite de pedra para quen non comulgou coas ideas fidelinas e unha loita diaria pola supervivencia para todos.

Que os norteamericanos teñen moita culpa do que ocorre, é sabido: Pobre Cuba, tan lonxe de Deus e tan perto dos Estados Unidos.

E aquí estamos, en febreiro de 2008, cunha embaixada galega en Cuba cun millón de euros que pagamos todos, catrocentos mil libros, e unha difícil xustificación, como se fose para despedir con follas de libros escritos en galego a xeito de pano das mans ondeando ó aire. E nesto, foise Fidel, aforrando ó mundo enteiro unha longa agonía, con La Habana ocupada pola cultura galega en festa.

En Cuba, calquera situación que se produza non poderá ser igual. Calquera cousa que veña deberá ser para que Cuba, os cubanos, os galego-cubanos e os cubano-galegos vaian a mellor. Ogallá teñamos que celebralo aló, acó ou polo camiño.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania