Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Un país de voitres

martes, 17 de diciembre de 2019
O presidente Feijoo debería visitar as aldeas e rueiros de Galicia para ver como os labregos están deixando de producir mentras os buitres se fan coas súas terras e casas.

Nacín nun lugar marabilloso. Estaba o rueiro moi coidado por xente que traballou toda a vida . Os galpóns eran para gardar a palla, o carro, arados… Agora, según eles , é un galpón industrial, e ten que pagar como tal. As leiras de rurais pasan a urbanas e queiman á xente con contribucións. Logo queixanse da despoboación do campo e fan campañas decindo que no rural hai futuro. “Ruralízate” “Ven ó rural xa verás como te queimamos a impostos”

Na miña aldea viñeron sacar fotos. Convirtiron os lugares da miña infancia en fontes para recaudar. Para cobrar contribución. Para facerse con cartos que parece talmente que non se dan fartado. Mentres haxa aforados que fan de buitres e chupan o sangue como se foran tabaos non pode haber igualdad nin paz nesta terra. Nin mentras haxa vellos e nenos que teñen que durmir fora na rúa.

Non hai dereito a que cobren das electricas os que foron presidentes. Non pode ter paz así un pais que se chama democratico.

Todo está abandoado e non produce nada excepto para eles.

Súbense os soldos e a xente durmindo nos caixeiros por quedar sen traballo. Moitos por no poder pagar os impostos da herencia dos seus país e teñen que rechazala. Se se repartira a riqueza poderiamos vivir todos ben.

En que país estamos? Namais que veñen a comer marisco, pero non ven as pensións das viuvas do mar. Cean en palacios con centos de luces e morre xente de frío por pobreza enerxética.

Asemellan buitres. Voitres con V e con B que os hai de tódalas clases. Buitres que tapan o ceo sobrevoando o noso rural. E non van parar ata facerse con él.
Rodríguez Cabanas, M. Francisca
Rodríguez Cabanas, M. Francisca


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES