Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facendo o que critico

lunes, 16 de diciembre de 2019
Acéndense e apáganse as luces dunha árbore de Nadal e un pardal peitea polo medio da praza. Marmaña e o silencio faise ruído ante o arrastrar dunha cadeira existente na cafetaría. O río Arnoia volve a desbordarse porque... chove. Mellor dito, choveu máis do que chove. Xa imperan de novo as súas imaxes polas redes sociais coma se nunca viramos unha chea.

Facendo o que criticoAgora a auga bótase fóra dun simple regato e xa temos unha inundación nos medios de comunicación. Dous coches vermellos están aparcados fronte ós meus ollos. Unha nena espera ante a farmacia, a non sei quen, ou a non sei que. Penso que ó mellor ata me achego a Baños de Molgas para ver a chea, sacarlle fotos, subilas a unha rede social e dicir que estamos inundados, que a Venecia ourensá se debuxa, se retrata no Parque Ansuíña e nas Mestras.

Despois, de listo, vou e critico as cheas dunha pequena caldeira que atravesa as Lamas. A ver, de cando en vez é bo aguilloarme a min mesmo. Separo a perna dereita (que a tiña cruzada coa esquerda) e penso neste día noxento que non me deixa ler. Seguen as luces da árbore de Nadal tumba que dálle ou zumba e dálle, e un servidor ve como os coches pasan a todo correr.

A pantalla do móbil ilumínase e un guasap que chega cun chiste político. Odio os chistes políticos porque a maioría deles non comungan cos meus ideais, e tampouco os reenvío para non amolar a uns ou ós outros. Non son un santiño. A nena que esperaba ante a farmacia xa marchou. Nin sei con quen nin sei para onde.

A Cervexaría de Maceda. Venres, 13 de decembro de 2019
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES