Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A Gravata do S. Estevo de Vilapedre (I)

miércoles, 20 de febrero de 2008
A Gravata do S. Estevo de Vilapedre (I) A GRAVATA DO SAN ESTEVO DE VILAPEDRE, A BALSA (VILALBA)

Artigo publicado na Pena do Encanto (Boletín Informativo de Estudios Chairegos), nº 4, Vilalba (Lugo), 2007, páxs. 38-40.

O S. Estevo, coñecido popularmente como “O Santo das gravatas”, atópase dende antano nunca capela, situada preto do río Eume, pertencente dende o punto de vista eclesiástico ó arciprestado de Vilalba e a diócese de Mondoñedo-O Ferrol, e dende o civil á parroquia de Vilapedre, ó concello de Vilalba e á provincia de Lugo.

A devandita parroquia constitue un importante ámbito territorial de índole montañosa que chega a acadar os 900 metros de altitude na Carba, ocupando os seus montes a marxe esquerda do río Eume. De tódolos xeitos, nas súas entidades de Fraguas e Porto de Bois comeza a planicie característica da Terra Chá. Esta parroquia é unha das maís importantes do concello como o reflicte o feito de que a súa poboación está distribuída en 37 entidades cunha densidade media de poboación de 6,1 hab / km2.

A DEVOCIÓN POPULAR
A festividade do santo celébrase un sábado da primeira quincena de outono. Así, no ano 2005, conmemorouse o oito de outono, e ao ano seguinte o catorce do mesmo mes. Neste día acuden ao recinto sagrado devotos procedentes de A Balsa (Muras), Irixoa (Muras), Vilapedre (Vilalba), S. Simón da Costa (Vilalba), Lanzós (Vilalba), Vilalba pobo, Muras pobo, e doutras comunidades parroquiais pertencentes dun xeito preferente aos concellos de Muras e Vilalba.

Os devotos ofrecense normalmente por si mesmos, máis hai algúns casos nos que veñen en nome doutros fieis, que polas súas doenzas non poden acudir ao santuario.
O número de asistentes mantense constante nos últimos anos, podendo establecer a cifra de devotos nuns douscento cincoenta no ano 2006.

As peticións máis usuais están relacionadas coas doenzas das persoas mais tamén coas enfermidades dos animais e a protección da facenda familiar.


BIBLIOGRAFÍA
Traballo de campo do autor.
Varios. Tempos de Festa en Galicia. A Coruña: Fundación Caixa Galicia. T.I: Dende Reis ata o mes de maio, 2006.

NOTA
O mapa de localización do santuario foi realizado polo delineante José Cancio Fernández.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES