Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rei de Viana e o asilo de Foz (e II)

miércoles, 20 de febrero de 2008
Foi o de agosto de 1983 un mes especialmente chuvioso, e o día 11 recibimos unha chamada da Deputación pola que nos comunican que á vista do tempo, e sendo ó aire libre, suspéndese a actuación do Ballet de Rei de Viana, previsto para o día 14. A publicidade estaba distribuida e a expectación era grande; asumimos o risco a pesar de que os gastos ascendían a un millón de pesetas de hai vintecinco anos. ¡Moitos cartos!.

O día 13 pola tarde chega a ambaixada artística á nosa vila; seguía a chover e o Director di que si antes das doce non para, pola mañá regresa co elenco para A Coruña, pois non estaba disposto a arriscar a integridade física dos bailaríns/as sobre o escenario húmido. Á medianoite cesa a choiva; algúns, co corazón nun puño, non pechamos ollo.
Ó seguinte día o éxito é total. Mais de 2000 persoas, chegadas de toda a Mariña e o occidente de Asturias, asisten ó espectáculo. Cando sobre as 7 da mañá rematan os traballos de desmonte e recollida do material, empeza a chover. ¡Providencial!.

Representantes da Comisión, abonados os gastos de organización, entregan á Superiora do Asilo un cheque por preto de medio millón de pesetas (case 3000€) que foi polo tanto o sobrante do recaudado polos distintos conceptos. Para percatarse do que a cifra significaba compre decir que naquelas datas, un piso novo en Foz, de 110 m. cadrados, na rúa principal, custaba unhos tres millóns de pesetas (18000 €)…

Nas ultimas semanas publicamos unha serie de escritos referidos á historia do Asilo. Estamos a un paso de celebrarse as súas Vodas de Platino; setenta e cinco anos para unha Institución tan querida pola sociedade do noso pobo é un tempo moi significativo, pois trátase dunha xa longa historia e ésta, para valorala, hai que coñecela e analizala dende a consideración das circunstancias sociais, culturais e económicas de cada momento; ese é o xeito de que a da Historia non sexa unha lección perdida.

Fixemos un percorrido, aínda que superficial e moi extractado, pola realidade obxetiva dunha Institución que foi, dende a súa creación, motivo de orgullo de tódolos focegos. Pensamos que del poden extraerse algunhas leccións e non convén perder a perspectiva histórica dos acontecementos, entre outras razóns, porque ás veces tendemos a pensar que antes de nós non houbo nada; que somos os que inventamos a pólvora, e sería un lamentable erro.

Co noso relato chegamos ás Vodas de Ouro (1983); de momento rematamos, pero volveremos: quedan algunhas cousas por contar.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES