Poetas do reencontro
Rodríguez Porto, Ramón - miércoles, 11 de diciembre de 2019
Todo poema é o resultado dunha fame, dunha sede: de abrir o mundo, de significado, de lelo sen por iso despoxalo do seu misterio, o poema morde a nosa conciencia nunha fronteira sempre aberta, libera as palabras do seu diccionario habitual e se nos deixamos levar, abre dentro de nós portas que nin sabíamos que estaban.
O poema,coma toda ceremonia,ten o seu tempo e o seu lugar. Deste xeito, Lugo acolle o catorce de decembro a presentación do libro Poetas do Reencontro; un volumen de 316 páxinas editado pola 'Irmandade Póetica e Artística Galaico-Lusa', entidade que preside o bo amigo, abogado e poeta chantadés, Anxo Boán Rodríguez. Un traballo minucioso, riguroso, encomiable que levaron a cabo, ademáis do presidente os poétas e membros directivos da entidade, José Carlos Ulloa García, Toño Núñez e Paco Ledo, ademáis da coordinadora de maquetación, a entrañable María Baspino Fernández.
Un total de 75 poetas galegos e portugueses que dalgún xeito collen o testigo da Coletánea de poesía Luso Galaica que no ano 2.018 promoveu e executou a poeta, pintora e escultora natural de Espimho (Portugal) Ester de Sousa e Sá.
Como sinala Anxo Boán na presentaciön do libro, o proxecto da Irmandade nace coa vocación de perdurar no tempo sen máis teima que a irmandade, respeto, humildade, unidade e o sentimento poético en xeral, rexeitando calquer alarde de superioridade dos participantes sobre outros que proveñen do norte ou do sur do Miño.
Como deixou dito o inmortal Álvaro Cunqueiro en terras chantadesas referíndose as cantigas de Xohán de Requeixo, para un poema, mil anos e unha mocedá. Pois o dito ésta Irmandade conta xa cun ano de vida entre galegos e portugueses comendo e bebendo no mesmo verso.
Enhoraboa.

Rodríguez Porto, Ramón
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora