Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Emigrantes e Cultura española

martes, 19 de febrero de 2008
Por maio, era por maio de 2007. Viaxabamos un numeroso grupo de turistas lucenses pertencentes á Asociación de Amigos do Camiño nun barco polo Nilo arriba, perto de Assuán.

De repente, vimos vir unha pacífica e multitudinaria invasión. Ducias e ducias de pequenas embarcacións que, ó achegarse, vimos poboadas -ateigadas- de diminutos exipcios que a berros nos cantaban algo que soaba como “La española cuando besa / es que besa de verdad. / Y a ninguna le interesa / besar por frivolidad”.

Asombrados, comprobamos que os nenos asaltantes só agardaban a nosa comprensión en forma de algunha moeda, para o que demostraban a maior das “afinidades” coa nosa “cultura”.

Entre canción e canción, berros a Ronaldinho e outros moitos heroes do deporte de masas por parte dos aguerridos uniformados con camisetas do Madrid e Barcelona, como demostración de que a nosa universalidade empeza polas extremidades inferiores.

O espectáculo remataba coa canción que houbera emocionado a José Martí, tan lonxe na distancia e no tempo: "Cuanta Lamela / Guajila cuanta Lamela... Cuanta Lamela / Guajila cuanta lamela...!".

Xa o tiña medio esquecido. Véuseme á memoria estes días nos que Rajoy tenta para os emigrantes un achegamento decidido ós costumes e á cultura española. Aqueles exipcios do alto Nilo navegando en botes de folla de lata, remando con latas valeiras, houberan superado esa proba con matrícula de honra.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania