A senda dos bos e xenerosos
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 12 de diciembre de 2019
Cada ser humano que chega a esta vida vai describindo unha traxectoria, unha senda: a súa senda propia e irrepetible porque todos somos diferentes.
Todos temos algo que nos diferencia dos outros, algo que destaca: a intelixencia, o cabelo, os ollos, a maneira de andar, o xeito
.
HAI PERSOAS QUE DESTACAN POLA SÚA BONDADE E POLA SÚA XENEROSIDADE DESDE A INFANCIA:
Hai criaturas que xa destacan desde a súa tenra infancia e, sobre todo, cando se integran con persoas da súa mesma idade.
Son criaturas moi dóces, sempre co sorriso a flor de pel, moi sociables, sempre dispostas a axudar.
Cando esas criaturas van medrando seguen melloranmdo en bondade e xenerosidade; de tal modo que pasan pola vida describindo unha senda exemplar.
Como pais e nais de familia son excelentes; como profesionais, tamén e como membros da sociedade máis aínda.
ESTE TIPO DE PERSOAS ANDAN POLO MEDIO DAS OUTRAS, ANDAN ENTRE NÓS.
A veces témolas na propia familia, outras como veciños, outras como compañeiros de traballo; outras como xefes; outras
-¿POR QUE HAI MOITAS PERSOAS BOAS E XENEROSAS?
-Porque o mundo as necesita; porque as necesitamos.
-Necesitámolas nas familias, porque hai moitas familias que están pasando por momentos complicados.
-Necesitámolas nas escolas porque hai moitas criaturas que sofren a discriminación dos propios compañeiros e compañeiras.
Non é porque es escolas favorezan a discriminación: é porque hai criaturas con fallos de educación desde o berce.
Desafortunadamente eses fallos, lévanos consigo á escola e á sociedade.
¡Unha mágoa!
-Necesitámolas no vecindario porque non falta quen poña obstáculos, non faltan persoas egoístas, non faltan persoas tacañas, non faltan persoas cerradas
-Necesitámolas na sociedade porque nestes tempos
Xa sabemos que a maldade medra como o leite no lume.
ESTAS PERSOAS BOAS E XENEROSAS TEÑEN TANTOS PROBLEMAS COMO AS RESTANTES; PERO ESTÁN AÍ PARA DARNOS EXEMPLO DE VIDA.
-AS CRIATURAS BOAS E XENEROSAS poñen paz e alegría nas escolas cos compañeiros e FACILITAN O LABOR PEDAGÓXICO NAS AULAS.
-A XUVENTUDE BOA E XENEROSA encóntrase con tantas tentacións como a que cae no alcohol, nas drogas ou na delincuencia; pero diferénciase porque É UNHA FONTE DE RIQUEZA PARA CONSTRUÍR UN FUTURO PROMETEDOR.
-A XUVENTUDE BOA E XENEROSA axuda á súa familia e produce riqueza e benestar no tecido social.
-AS FAMILIAS BOAS E XENEROSAS, das pedras sacan pan, benestar e paz.
Loitan incansablemente por alcanzar xustiza social; por alcanzar solidariedade entre as persoas, por poñer harmonía na casa, por alcanzar unha convivencia pacífica a nivel social
¿E QUE DICIR DA ANCIANIDADE BOA E XENEROSA?
-Sofre con paciencia os achaques propios da idade.
-Fai polos seus o que pode e o que non pode ata os últimos folgos.
-Molesta o menos posible aínda que a veces tamén precisa axuda.
-Respecta a maneira de vivir tan diferente e variada que observa na xente nova.
-Déixase querer.
-Déixase aconsellar.
-Deixa fluír
-É consciente dos cambios que está dando o mundo
aínda que non sabe moi ben que rumbo collerá.
Pero confía nun futuro prometedor.
E, se é crente; reza para que as persoas descarriadas volvan ó seu carril canto antes.
E POR FIN, CANDO UNHA PERSOA BOA E XENEROSA PASA Á OUTRA VIDA, É CANDO MÁIS FROITOS DÁ NAS PERSOAS QUE A RECORDAN CON CARIÑO:
-Desde a outra banda segue iluminando os pasos dos que van atrás.
-Durante xeracións vanse transmitindo todas aquelas bondades que quedaron grabadas no corazón das persoas boas e xenerosas.
Porque a memoria, ademais de habitar no cerebro, tamén habita no corazón.
O CORAZÓN TEN MEMORIA
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas pola senda que está describindo e pola estela que deixará o seu paso por esta vida.
Grazas tamén por terme na súa consideración á hora de interesarse por esta humilde reflexión.
Moitas grazas.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora