
Nesta edición, neste Nadal do 2019, o Belén de Begonte ou Begonte do Belén conta, para abrir as súas portas, as portas do grande Nadal, cun voceiro e pregoiro moi da terra , un vilalbés de honra que, como di o título, é un funambulista e trapecista da vida porque moi xoven, xunto con outros compañeiros comezou a traballar polas letras galegas e por Galicia no Trapecio; tamén como todo galego foi Anduriña, ainda , co seu voar, quedará nese niño da unamuniana Salamanca onde fixo tamén moi viva a nosa lingua, a súa, e, de volta á súa terra, a carón do seu San Martín de Belesar, proseguiu e prosegue facendo camiño cultural, abrindo sendeiros.
É un verdadeiro fanal que, en Mondoñedo onde, no seu Seminario , foi formador e rector, será un guía perfecto, un home que mirando aos ceos para recibir máis luz espiritual non deixa de extender as súas mans abertas para que os maís cativos , a xente nova, dende o seu traballo como profesor e formador, tome conciencia do importante que é facer patria, entregarnos en corpo e alma a ser salvagardas dos valores desta Galicia, por iso, aquel xoven que comenzou as súas inquedanzas culturais no Trapecio segue e seguirá noutro e noutro animando e dando exemplo para que a xuventude comprenda que o escudo firme da terra hai que forxarlo no obradoiro dos colexios e fogares.
El, na súa persoa, logra xunguir e concentrar as dúas profesións, que con respeto e admiración por todas, teñen a grande responsabilidade de abrir os camiños, sacerdocio e maxisterio, ámbalas dúas consagradas a levantar os piares da sociedade, facer que os cativos e mozos sexan galegos de corazón .
Facendo Amencer valores, cousa moitas veces moi difícil nos tempos que corren pero, aí está, segue cada día un e outro Amencer cheo de ilusión. Van crecendo aqueles nenos , chegan a homes e os seus fillos ven neses menceres , que nunca coñecerán o solpor, a grandeza que, dende Mondoñedo este funambulista , que no ten medo a ese aramio espiñoso que é a vida, segue demostrando que tendo espiritualidade, ese outro aramio forte e seguro, iso impón tranquilidade e firmeza para facer pinchacarneiros no outro . Piruetas difíciles que soamente da o experimentado en dous trapecios.
O Director do Arquivo Diocesano de Mondoñedo- Ferrol é hoxe, neste Nadal, Pregoeiro do Belén de Begonte ou o Begonte do Belén, ese crego, ese mestre, ese formador e, en resumo este home sinxelo, natural e bo, un home de ben; enchido de toda ilusión porque el, dende que naceu o Belén de Begonte, sempre estivo participando e colaborando para engrandecelo e, os seus alumnos, baixo a súa grandiosa dirección de crego-guía, bautizaron ao Begonte do Belén .
Parabéns para os membros dese Centro Cultural Domínguez Guizán por outorgar e ceder a palabra de apertura desta edición a ese malabarista da vida , un pregoiro excepcional, que, moi ben sempre soubo e sabe utilizar a súa voz galega en pro de enaltecer e loubar, merecedimente este Belén, sitio abraiante onde a terra e o ceo xuntos están.
D. Félix Villares é un grande amigo deste evento que xurdiu en 1972 porque outros funambulistas da vida, aquel grupo que comandaba o párroco José Domínguez Guizán, pregando aos ceos, fixeron esta obra, un camino de espiritual recendo que, cada día, e máis grande e no que todos temos entrada e acougo para aportar, ainda que sexa soamente coa visita, o noso grao de area.
D. Félix, noraboa por ser elexido neste ano o pregoiro, porque vostede é un amigo de honra do Belén de Begonte. Vilalba e Mondoñedo moi ledos están de que vostede este ano traia ao Begonte verbas de agradecemento deses pobos que ven neste Nacemento a fonte de todos os bens.
En verdade, ínclito D. Félix, que parafraseando un dos títulos dos seus libros, estamos Cinguidos por unha Arela Común , neste caso, a lingua galega e espiritual que fala este belén begontino e , como rapaces felices e ledos, todos os anos imos á Terra Chá porque nela, de Decembro a xaneiro, atopamos a Luz da Verdade, esa que vostede, moi ben coñece e sabe axudar a irradiar e propagar, a que está neste timiaterio de Terra Chá para que coa súa cor , co seu recendo e destello de fulgor divino facer o camiño da vida sen medo a a ser trapecistas o funambulistas porque, o noso bambam é moi seguro este aramio non é de ouro pero si de grandiosa fe e sobre ese podemos ir totalmente seguros de que nunca caeremos porque non existen ocos nin baleiros se o corazón vai cheo de agarimo e ledicia e, sempre ollando cara o prometedor futuro, vivimos este presente, este Nadal xunto ao Belén de Begonte escoitando as súas verbas que son forza e enerxia para que o noso columpio sexa este mesmo, este fermoso incensario de valores galegos, onde está O Neno arrodeado dos que empurran co seu traballo e esforzo para que nunca polo chan estea o máis gradioso, o amor .
Perdón, mestre de mestres, disculpe que haxa algún erro no meu galego pero, estiven escribindo estas verbas no columpio da ilusión e a emoción que supón a chegada dun novo Nadal e poder vivilo no Timiaterio de Terra Chá , o Belén de Begonte.
Bo Nadal, Pregoiro da Luz da Verdade!!
O Galego Converso.
(Na fotografía, Felix Villares Mouteira pronunciando o pregón de O Nadal en Begonte, en acto no que actuou a Polifónica Vilalbesa).