Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Tarxetas de aparcamento para a diversidade funcional

miércoles, 11 de diciembre de 2019
Moi a miúdo, queixámonos de que se aparca sen tarxeta nos aparcamentos reservados para mobilidade reducida. Trátase dunha queixa xusta que, ademais, debería de ter en conta a distancia que precisa un coche no caso de aparcar en liña para subir unha cadeira de rodas. Non só é o sinalado no chan, senón que se debería ter en conta o espazo necesario para despregar a rampa e subir e baixar a cadeira. Polo tanto, estamos de camiño pero aínda non podemos dicir que as persoas con diversidade funcional gocen de libre circulación.

O colectivo que reivindica debe ser escrupuloso no cumprimento da norma e solidario cos seus iguais. Neste sentido, a tarxeta de aparcamento é individual e intransferible, debendo de ser retirada coa desaparición física da persoa que é propietaria. Hai xa 17 anos, vivindo eu na Coruña, chamou a porta un policía municipal preguntando por min. Quixo verme e cando chegou á sala díxome: non te asustes, só estamos a comprobar que os propietarios das tarxetas en funcionamento son reais. Aquilo chamoume moito a atención e co paso dos anos puiden ver a necesidade de manter esta vixilancia.

O colectivo da diversidade funcional é un colectivo solidario e moi sensibilizado. Un colectivo loitador que se mantén á espreita ante posibles casos de exclusión social ou de inxustizas. Un colectivo que constrúe, día a día, igualdade de oportunidades e tece lazos no terceiro sector para unha realidade inclusiva. Polo tanto, asumimos unha gran responsabilidade que procura visibilidade pero temos que ter en conta que esta visibilidade require comportamentos íntegros.
A nós vannos mirar con lupa, que unha mácula non eclipse a loita de tantas xeracións.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES