
O alumnado do curso de CONSERVAS de BOIRO leva desde o mes de outubro xuntándose para compartir saberes e sabores de recetas de productos de tempada, co fin de aproveitar os recursos propios da zona, aprender a conserva-los para cando non se dispón deles en fresco e completar así a dieta alimenticia con productos de gran calidade.
Nesta zona, ademais, coinciden productos do mar e da terra para as elaboracións guiadas pola docente Lucía Ferreira.
O curso de SABERES LABREGOS desprazouse a unha finca comunal do concello de Porto do Son a fin de facer un seguimento das plantacións realizadas no curso 2018-19 nunha finca da Comunidade de Montes de Xuño.
Noutra xornada a tarefa do alumnado foi calcular os abonos orgánicos, o encalado e os costes das plantacións
O curso RECURSOS SILVESTRES nunha saída aos montes de Porto do Son para identificar cogumelos e prantas silvestres aproveitables.
Noutra saída do curso RECURSOS SILVESTRES o obxetivo foi descubrir a riqueza das algas do mar como alimento
O coñecemento de prantas con usos cesteiros, tintureiros, textiles e outros tamen foi obxeto do curso RECURSOS SILVESTRES no Porto do Son, recorrendo montes da contorna e guiados polo alumnado que habita nela.