Belén denuncia no Val de Xestoso
O que este ano estamos reivindicando é que unha aldea calada é unha aldea esquecida, por eso pedimos dignidade e calidade para os nosos maiores, como a creación dun centro de día, servicios de autobús para que eles poidan ir ó médico ou mismo cobrar a pensión.

Tamen pedimos parques infantís porque os nosos fillos xogan, e para os agricultores e campesinos, prezos xustos para os seus produtos, porque unha vez na vida necesitaremos un médico, un abogado ou un arquitecto, pero tres veces ó día un agricultor.
As aldeas non desaparecen, estanas matando.
Belén denuncia en Cambás de Aranga
Porque hoxe en día está a pasar o mesmo que antes. Herodes mantén o seu poder grazas ás ameazas que lle pon ao pobo, cada vez máis rico, e o pobo con necesidades.
Cos carteis mostramos a violencia de xénero, como é o caso do soldado ameazando á muller que lava; racismo, co home de cor co carro, ou coa vendedora, necesitando vender para poder comer ela e quitándollo o soldado porque o rei é o primeiro; bullying, como o caso do neno Xesús pedindo que o acepten como é; a luz para o castelo e o pobo con velas...
