Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 04 de diciembre de 2019
A inercia

Quero moverme, pero non me responden as pernas, non me responde o corpo. Ó mellor é o entendemento o que non responde. Por veces é moi complicado saber o que un quere facer, ou dicir, ou incluso escoitar. Todo dá tantas voltas. Como unha pelota. Aínda que eu estou quieto, parado, inválido, un inútil... porque non me podo mover. Pingas de OrballoSentei no mazadoiro da burga e non hai maneira. Tan só me queda contemplar, mirar, ver, outear, intentar captar. Vexo a rúa que sae para Os Milagres e acumúlanse os recordos: moitos paseos, moitas idas e voltas, moitas cancións, moitos berros. Miro como pasan os coches e non coñezo a ninguén. Oio o ruído do río Arnoia e aí xa todo se detén: o tempo, o entendemento, os sentimentos, ata a inercia se detén. É moi complexo, moi difícil que se deteña a inercia, pero detense. A inercia é aquel acto ou aquel feito que te leva ó habitual, á rutina, ó que sempre ansiaches. Quero moverme pero non o consigo. Vexo como todo pasa e, maldita sexa, nada cambia. O normal era que cambiase. Porque sempre se dixo que o tempo pasa e todo cambia. Mentira! Hoxe, no mazadoiro da burga, nada cambia. Ata a inercia está quieta, coma se tivese preguiza. A inercia non me dá opción de seguir co entendemento posto na ponte vella. Sei que está aí, ó lado, detrás, pero non consigo vela. A caseta da burga tápama. E non podo moverme! Por moito que o intento. Por moito que desexo que sexa a propia inercia a que me impulse cara ó barrio da Igrexa. Pero non hai maneira. Maldita sexa!

A todo tren

Agora que andamos a voltas coa chegada do AVE a Ourense, hai uns días atopeime con noticias de cando chegara a primeira locomotora a Baños de Molgas. Para elo, alá polo mes de outubro de 1953 a actividade no tendido de vías, principalmente entre Ourense e Baños de Molgas, ía “a todo tren”. A proba era que os trens de obras cruzaban constantemente o Miño no que levaban o material para o correspondente Pingas de Orballotendido. Tal tendido andaba pola zona da estación de San Cosme, hoxe San Francisco. Semella que os obreiros realizaban diariamente, por media, un tramo duns cincocentos metros de vía. Usaban bos materiais e os adiantos máis modernos, como unha máquina de tradear e aparafusar os tirafondos nos carrís. Os entendidos, vendo o ritmo, lanzaron a ollo que dentro duns dous meses poderían chegar ó mesmo Baños de Molgas. Estaban ansiosos porque sabían do potencial agrícola e gandeiro da zona, así como, por suposto, do uso das súas augas termais. O ollo falloulles un pouco, algo así coma dous meses máis, pois non foi ata o venres, 19 de marzo de 1954, cando a prensa volveu informar da chegada desa ansiada primeira locomotora arrastrando un tren de obras (a auténtica inauguración da liña Zamora-A Coruña non sería ata 1958). A chegada da locomotora deu pé á realización dunha boa festa, con banda de música incluída, entre as autoridades locais e os técnicos da empresa construtora (os labregos escoitarían a música das chocas das vacas mentres araban nas leiras).
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES