Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Que sería de nós?

jueves, 05 de diciembre de 2019
A vida é como é ou como a facemos en máis dunha ocasión.
Ofrécenos moitas vivencias gratificantes, pero algunhas son bastante duras e difíciles de explicar.

Botemos a imaxinación a voar e pensemos que sería de nós:
-SE NOS TOCARA NACER NOUTRA FAMILIA DIFERENTE Á NOSA:

Se os que nacemos nunha familia moi humilde con toda clase de estreituras económicas, chegamos a nacer nunha familia con tódolos medios materiais ó noso alcance:
-Seguramente non saberíamos empatizar coas persoas de clase humilde tanto como o facemos.

-Seguramente teríamos máis soberbia da que temos, aínda que non todos.

-Seguramente ocuparíamos postos de relevancia na sociedade; pero non máis dignos nin máis satisfactorios que os nosos.

-Seguramente veríamos o mundo desde arriba como cando estamos nun rañaceo ou cando viaxamos en avión e vemos todo a escala moi reducida.

Neste caso: os problemas dos humildes pasarían desapercibidos…

Cadaquén pode saca-las súas conclusións.

Eu saco a conclusión de que os pobres nacemos para ser loitadores e superándonos día a día disfrutamos os nosos pequenos logros e somos tan felices como os materialmente ricos.

-SE NOS TOCARA NACER NUN PAÍS DO TERCEIRO MUNDO:
-Seguramente xogaríamos con elementos da natureza e poñeríamos a proba a nosa creatividade para construír os nosos propios xoguetes e trataríamolos con moito cariño.

-Seguramente seríamos máis solidarios porque os pobres axúdanse mutuamente.

Esto podería facernos reflexionar sobre o trato que lles dan os nosos nenos a tantos e tantos xoguetes como reciben hoxe en día e sobre as nosas faltas de solidariedade cos necesitados.

-Seguramente non teríamos acceso á escola nin á medicina, seríamos aínda máis ignorantes do que somos e agradeceríamos o labor dos misioneiros e o das ONGs.
Por eso debemos poñer en valor a riqueza que temos co noso profesorado e co noso persoanl sanitario e cos servizos en xeral.

-Seguramente non coñeceríamos ó Deus dos Cristiáns e non creeríamos na Resurrección nin participaríamos da Comunión dos Santos. A nosa concepción da vida sería totalmente diferente...

E nós…TENDO A RIQUEZA DA FE, como temos os que nos confesamos cristiáns, NON SEI PORQUE HAI QUEN AÍNDA A REXEITA.

A parte están os ateos e os agnósticos que sendo boas persoas, merecen todo o respecto e admiración.

-Seguramente colleríamos o camiño que collen tantas e tantas persoas que chegan ás nosas costas en condicións moi dolorosas (os que non quedan polo camiño)

¡Pobre do pobre!

Os países que afortunadamente pertencemos ó primeiro mundo, poderíamos pertencer ó terceiro ou ó cuarto das grandes urbes…
¿Qué sería de nós..?
Precisaríamos axuda, sen lugar a dúbidas.

Pois entonces deberíamos admirar persoas xenerosas que saben compartir o que a vida lles dá e –na medida das nosas posibilidades- seguir o seu exemplo porque:
-Son persoas xenerosas.
-Son persoas que empatizan e solidarízanse cos problemas alleos.
-Son persoas cun gran corazón.
-Son persoas exemplares.
-Son persoas que van marcando unha senda que outros debemos seguir.

“A SENDA DOS BOS E XENEROSOS”

Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas a vostede por ser unha persoa que loita pola xustiza, porque administra con rectitude os xoguetes das súas criaturas, porque sabe valorar o traballo do profesorado e o do personal sanitario e porque se solidariza cos pobres e marxinados.

E moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES