Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O gran paraugas da diversidade

miércoles, 04 de diciembre de 2019
Escribo entre dous días importantes: onte foi o Día Internacional das Persoas con diversidade funcional e mañá será o Día do voluntariado. Cabe recordar, tamén, que o día 2 lembrou ás persoas que padecen o VIH. Con estes vimbios é doado concluír que estamos na semana da diversidade por excelencia. Ademais, dende hai uns anos, os actos do día 3 desenvólvense en torno ao lema “Baixo o mesmo paraugas” que nos convida á empatía e a ver o mundo dende a pel allea para facelo a altura de cada persoa que o habita.

O lema do día 3 é radicalmente inclusivo de xeito que vai moito máis alá dunha diversidade específica como é a funcional. É un lema que avoga pola unión de todos os colectivos para facer unha fronte común. Dita unión parece indispensable para virar as quillas do barco cara ventos inclusivos. Estes ventos requiren unirse na loita antes de que o sistema veña por nós. Dos tres días citados podemos dicir que ninguén está libre de pertencer ao colectivo da diversidade funcional ou do VIH. Estes colectivos e outros precisan solidariedade.

Se falamos de voluntariado, temos que falar de soidades e témonos que preguntar sinceramente quen está libre de padecer soidade. Neste sentido, as familias unipersoais supoñen un reto social a ter en conta, máis cando nos derradeiros meses houbo varios casos de persoas que levaban anos mortas no seu domicilio.

Estes días teñen que servir para reivindicar necesidades que se recollen en dereitos que os gobernos teñen a obriga de facer efectivos, protexendo á cidadanía e procurándolle unha vida digna. Son días para reivindicar que todos os días hai necesidades acuciantes que hai que cubrir e o feito de cubrilas marca a diferenza entre un país democrático e social do século XXI e outro que non o é.

O gran paraugas da diversidade ten que ser unha festa reivindicativa que se volva esixencia e compromiso. De nada vale congregar ás institucións detrás dunha pancarta se este xesto non é seguido de feitos.

Onte e mañá reivindicaremos pero a partir de pasado mañá estaremos pendentes de que todos os dereitos se cumpran de xeito efectivo, situándonos en fronte de calquera persoa ou organización que pretenda vulneralos. 1 día de reivindicación está ben pero 364 días de denuncia e crítica construtiva cara a un futuro diverso son imprescindibles.
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES