Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A indignidade e incompetencia en co-implicación

lunes, 02 de diciembre de 2019
Se a persoa humana escintila no comportamento socio–político polo fulgor da súa dignidade, que é, sen dúbida, o froito propio da competencia, xa que a gravidade e o decoro que a constitúe esixen un adecuado nivel intelectual, e comporta, metaforicamente, sopesar o que se fai e coidar a necesaria calidade de vida para manter un grao de dignidade apropiado ás circunstancias.

Por conseguinte, e sen entrar en se estes presupostos se manteñen, ou non, na sociedade actual, o que non cabe é poñer en cuestión que a incompetencia escurece as razóns que avalan a dignidade, e esta leva aos desatinos que evidencian as accións derivadas de aquela. E todo isto desencadea tendencias sentimentais e degoiros non sempre pertinentes.

Creo que a evidencia de todo isto pode emerxer en calquera tipo de comportamento da persoa humana, e tal é a súa universalidade que ata non resulta estraño que se xustifique con frases de conmiseración; pero onde esta aparece con máis frecuencia é no ámbito político, e sobre todo cando o poder anda polo medio, porque os líderes e acompañantes dos distintos partidos pasan de largo o descoñecemento de que clase de saber debe acompañar ao poder, pois non basta, como ocorre con algúns partidos, que, só pola elemental razón de selo, é dicir, per se, intenten introducir un DEBER DO PODER, algo que os leva incluso a que se cuestione a dignidade dos seus líderes apaixonados a acadalo como sexa.

En todo caso, pretender conquistar o poder desde a escuridade calculada e enmarañando as súas vías de acceso nun contexto de contradicións, artimañas e inventados pretextos, e teimar en colalo como constitutivo dunha cultura (política), precisamente onde a vida en sociedade está sometida xa a un constante zoscar da mentira, é propio dunha incompetencia xeradora de indignidade, pervertendo a función dos instrumentos da convivencia e, non sen serias consecuencias, esquecendo a elevada e transcendente función pedagóxica dos estamentos gobernativos, que, como medios para garantir os coñecementos e informacións, son decisivos e perigan en mans irresponsables.

A incompetencia é de tal magnitude que ata se aceptan supostos diálogos entre os que pretenden ostentar a representación dun sistema de convivencia social e un elemento constitutivo do mesmo, coa condición imposta por este da aceptación previa dunha paridade na entidade e nun ambiente chantaxista. Isto non se entende, claro. E non se entende porque nin responde á real entidade dun sistema confundirse cos elementos que a constitúen, senón configurarse con eles; nin a estes, en canto tales, posuír máis entidade que a derivada da súa función sistemática.

Polo tanto, e cando menos, a competencia dos que pretenden descoñecer estas evidencias brilla pola súa ausencia, aínda que se queira ocultar cunha ilóxica igualdade e un chantaxe indignante, nada menos que de matiz ideolóxico; pero a dignidade dos que son chamados a representar a entidade da totalidade sistemática, está en perigo, e ata parece que descualifica a quen pretenda ostentar a representación da mesma participando nestas trolas, recurso metodolóxico propio de certas concepcións nacionalistas.
Rubal, Pedro
Rubal, Pedro


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES