Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Nadal nos corazóns

lunes, 02 de diciembre de 2019
Cando chegan as datas do Nadal, os corazóns parecen ablandar. E a xente vístese, non só de presunción, senón de tenrura e agarimo. Por uns días parece que se recupera unha sensibilidade que dura ata que os Reis Magos a levan “sine die”. Uns Reis vidos a menos pola brutal enchente de despilfarro sen sentido. Xa os nenos “pasan” de regalos, mentras os maiores esquecemos ós verdadeiramente necesitados ou, non sei que é pior, utilizamos mil trapalladas de trampas para evitar compartir e, dise xeito, sermos máis ricos.

¡Qué fermosura de beléns! ¡Qué alumado máis artístico! ¡Qué apertas de felicitación! ¡Qué mesas máis farturentas e opulentas!... Ata nos acordamos da xenerosidade e a comprensión. E todo iso é coma se o Neno Xesús fixese un milagre de convertirnos por uns días nos seus apóstolos. ¿Qué non pode facer o Deus do amor?

Nise escenario, de panxoliñas, wasáps e escaparates atractivos, cómpre mirarse no espello alleo e decatarse de que, a máis de incenso, ouro e mirra, hai xente a vivir na rúas; nenos pasando fame; anciáns en soedade; familias enteiras no paro; xuventude farta de esperar un traballo mínimamente digno; emigrantes que deixan a vida no mar e… outras moitas calamidades que a ninguén se nos escapan, a non seren que sexamos tan parvos que neguemos a realidade. E niste contexto cómpre salientar que, cando un crítica o despilfarro de alumeados e outras argalladas ó uso, non o fai porque renegue da beleza decorativa, senón porque considera prioritario, termando de vivir nunha sociedade máis igualitaria, atender ós problemas máis traxicamente acuciantes. Non se trata pois ista proposta de populismo comunista, senón de solidaridade necesaria. E se realmente somos ises cristiáns de que presumimos tántas veces, cómpre recordar as obras de misericordia.

Certamente, vivimos no teatro do mundo calderoniano onde os apertas son moitas veces valeiras de contido; onde as felicitacións son estereotipos formalistas; onde a noxenta ostentación de mariscos e outras parvadas aparentan ser graciosas; rímos sen ganas e falsamente. Vivimos sumerxidos, todo o ano, cuns un valores tan cativos como o diñeiro, a sona, a fachenda, a apariencia… xogando ás trampas e carreiras absurdas. E, o pior, fomentando nos rapaces, co noso exemplo, esa competividade tras metas tan valeiras como efímeras. Vivimos sen pensar moito ou case nada; sen valorar o auténtico e verdadeiro; sendo alleos a iso que se chama personalidade. Somos veletas acomodaticias que non reparan na información que recibe e rexeita os cambeos só por medo a que afecten á súa comodidade. Somos tan parvos e insensibles que, vendo o inminente cambio climático, non adoptamos medidas de mellora nin parece preocuparnos o porvir dos vosos fillos (eu non os teño). E dicides que os queredes.

Nada vos direi disos valores dos que tanto se fala agora que se perderon. Non os perderon os que non os tuveron nunca; perdéronnos os que os recibiron, pero non os usan; pérdenos os que prefiren a vida sen que os martirice a concienza; non os teñen os que non foron educados neles.

Por iso niste Nadal recordareille ó Neno aqueles tempos nos que a miseria era o pan de moitos de cada día e, sen embargo, a solidaridade era moitísimo máis real; e falaremos de cando os regalos case non existían e o dinero só era patrimonio duns poucos, ricos e arrogantes, que case non falaban coa xente. Aínda que hoxe non cambeara moito a cousa. Hai que marcar territorio. Cousas da soberbia.

E contaréille tamén que toda isa fauna de pasarela que tanto alterna en realidade, é xente nova e polo tanto fume-sempre hai excepcións- e que vive nise teatro sen decatarse do “tempus fugit”, nin tampouco da tráxica realidade de que non se pode vivir adicados a tan vanas metas. Que lles axude a saber seren persoas de principios e valores verdadeiros.
Timiraos, Ricardo
Timiraos, Ricardo


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES