Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Fórmulas para acatar a Constitución

lunes, 02 de diciembre de 2019
Frmulas para acatar a Constitucin Creo que foi o venres pola mañá cando estaba a ler os xornais nunha cafetaría, que oín e vin pola televisión (tamén xa oíra algo na radio) todo o barullo que asomou na sesión de constitución do Congreso a causa do uso das fórmulas dos deputados electos para acatar a Constitución. Uns prometían, outros xuraban, uns cantos falaban da morte da burra e os menos reclamaban o seu. Case coma nun galiñeiro.

Non obstante, e para un servidor, que máis dá como formulen o seu acatamento, se despois ninguén, absolutamente ninguén cumpre co que di a Constitución. En principio, xa nin deberían realizar esa opción de “pasar lista”, pois enténdese que cando se anotaron nas listas dos partidos e cando saíron nomeados logo das eleccións xa sabían para que era. E xa deberían saber o que representa a Constitución. Claro que, a Constitución, calquera Constitución, neste caso que nos ocupa, representa o mesmo que a Declaración dos Dereitos Humanos; polo que todos os españois e calquera habitante deste planeta Terra cun chisco de entendemento non cumprirán coa maioría ou case con ningún dos artigos cos que se redactaron unha e a outra. Porque sempre prometemos e nunca cumprimos. Case é lei de vida. Así é que gastar os cartos nunha sesión para formular algo que ninguén vai cumprir é unha das maiores pallasadas da nosa democracia (e da inmensa maioría dos países).

Case é normal que dea pé para que cada deputado solte a “gran parida” que leva dentro. Isto é coma aquel que vota escribindo algunha parvada na papeleta, sabendo que será voto nulo. Pero claro, o caso é deixar a marca, o sinal. Uns pásanse por patriotas e outros intentan arar nas súas leiras. Co bonito que sería que chegaran, que se sentaran e que se puxeran a falar. Pero a falar dos artigos da Constitución, dos problemas do país, das solucións a eses problemas. Ai, que bonito é soñar esperto! Seguro que o 70% dos elixidos nunca leron enteira a Constitución. Ata estou por apostar que nin o preámbulo. É igual. Saben que son españois e que teñen que corroborar sempre o que diga o xefe ou o seu partido, teñan ou non razón. E sempre, sempre hai que votar en contra do que digan os contrarios, tamén teñan ou non razón. Tanto barullo para tan só levantar unhas mans...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES