Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Á beira do camiño: Baixar das nubes

domingo, 17 de febrero de 2008
Das nosas montañas, seguridades e vanas/glorias. Das falsas bondades. Coma Pedro, Santiago e Xoán, amigos de Xesús que se senten tan ben na visión triunfante do Mesías que se dormen. Escena unida á da Ascensión:"¿Que facedes aí, pasmados, ollando ao Ceo? Hai que baixar para ascender". Falla a vida/feitos, as testemuñas dos que nos confesamos cristiáns.

Partimos da Palabra de Deus que anima o camiñar cara a Pascua e do feito gozoso da entrada do bispo na diocese. Na benvida do domingo (La Voz/Lugo) subliñamos o desexo de todos os diocesanos/as (incluído o bispo que o desexaba máis ca ninguén) de pasar páxina dalgunhas circunstancias alleas que tiveron presenza na digna e ben desenvolvida cerimonia da catedral.

Ante a actitude da sociedade cristiá de occidente/norte, chea de trampas e abusos que invitan a gozar e a consumir marxinando á outra pobre do Sur que está a malvivir, pasar fame e a sufrir exclusión, cómpre espertar e estarmos activos. Os cristiáns sabemos o camiño. O do Reino de Deus, que non se debe adiar por máis tempo. A verdade, a xustiza, a paz, a igualdade, o compartir, o amor...¡aínda non están a reinar na propia Comunidade de Xesús, na súa Igrexa!

É a nosa tarefa pendente. Abondan palabras teóricas, baleiras e innecesarias e fallan a vida e as obras, as testemuñas. Cando chegue o día no que os que non coñecen a Cristo digan de nós (bispos/cregos/leigos) "mirade como viven, se comportan, se queren, se axudan,..Ou como viven a unidade, dialogan, se perdoan e/ou amañan os conflitos..."¡ese día será o sinal de que estamos espertos e que Cristo segue vivo/resucitado! ¿¡Seguimos, pasmados, ollando ao Ceo!?
Mato, Xesús
Mato, Xesús


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES