Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por que será?

jueves, 28 de noviembre de 2019
Todos sabemos que ESTAMOS PADECENDO UNHA CRISE DEMOGRÁFICA PREOCUPANTEe tamén sabemos que moitos nacementos son voluntariamentere xeitados.

Un tema moi delicado que dá moito que pensar a moitos.
¿Será porque a vida está moi cara?
¿Será porque as criaturas son unha carga?
¿Será porque consideran preferible disfrutar da vida?
¿Será porque lles parece mellor acollerse a unha inmigración organizada?
¿Será porque xa está entrando abondo inmigración por libre?

Todos sabemos que EXISTEN PAIS QUE NON EXERCEN COMO TALES:
¿Será porque non saben?
¿Será porque non poden?
¿Será porque non teñen tempo?
¿Será porque carecen de medios?
¿Será porque van por libre?

Todos sabemos que HAI IRMÁNS QUEPOCO MÁIS TEÑEN EN COMÚN QUE OS MESMOS APELIDOS.
¿Será porque son moi incompatibles e non se soportan?
¿Será por celos?
¿Será por envexas?
¿Será porque teñen distintas formas de ve-la vida?

Todos coñecemos ESPOSOS QUE DIN QUE SE LLES REMATOU O AMOR.
¿Será porque pensan que o amor se gasta o mesmo que outras cousas materiais?
¿Será porque intentaron apropiarse da personalidade do outro/a?
¿Será porque consideraron á outrapersoa como algo da súa propiedade?
¿Será porque intentaron impoñer as ideas propias en lugar de compartilas?
¿Será porque non respectaron e intentaron acaparar?

Tamén sabemos de FAMILIAS DESESTRUCTURADAS:
¿Será porque se remataron os vínculos do amor?
¿Será porque o egoísmo non é compatible co amor?
¿Será porque pensaron que o consenso é o mesmo que a imposición?
¿Será porque esqueceron os valores universais de convivencia?

Todos sabemos que UNHA ENFERMIDADE É ALGO INDESEXABLE porque estamos chamados a vivir eternamente:
Pero quen non a acepta ou non se solidariza cos enfermos:
¿Será porque pensa que non ten data de caducidade a nosa estructura física?
¿Será porque pensa que lle garantizan a boa saúde por días de vida?
¿Será porque pensa que a xenética non funciona?
¿Será porque pensa a enfermidade só lles toca ós outros?

Todos sabemos que HAI ANCIÁNS SÓS E DESAMPARADOS:
¿Será porque tiveron pouca sorte na vida?
¿Será porque non fixeron o que puideron para ter unha ancianidade digna?
¿Será porque non saberían educar ós seus fillos para esta etapa da vida?
¿Será porque a ancianidade non ten futuro para a sociedade?
¿Será porque non se deixan querer?
¿Será porque os fillos e os netos son moi despistados e desagradecidos?

A prensa tamén dá noticias de QUEIXAS MÉDICAS con certa frecuencia.
¿Será porque pensan que o persoal sanitario ten o poder da ubicuidade?
¿Será porque pensan que o personal sanitario conta con tódolos medios necesarios?
¿Será porque pensan que o personal sanitario está formado por persoas perfectas?
¿Será porque pensan que o personal sanitario pode facer milagres?
¿Será por se poden cobrar algo…?

Tamén se dan RECLAMACIÓNS POR ALUMNOS DESATENDIDOS.
¿Será porque cren que o profesorado pode atender persoalmente a cada alumno como na casa?
¿Será porque non saben que é a familia quen ten que mandar ó alumnado ben equipado física e mentalmente á escola?
¿Será porque pensan que o alumnado non ten que prestar atención ó profesorado?
¿Será porque pensan que o alumnado pode atender ó móbil antes que ás explicacións do profesorado?
¿Será porque pensan que o “profesor Google” xa lles aclara todo?

Non faltan tampouco as QUEIXAS Ó CLERO E Á IGREXA:
Hai quen di: eu creo en Deus pero non creo nos curas.
¿Será porque lles parece que a Igrexa é un invento dos curas?
¿Será porque ignoran quen instituiu a Igrexa?
¿Será porque pensan que os curas deberían ser persoas perfectas?
¿Será porque lles parece que a Palabra de Deus é perniciosa para as nosas vidas?
¿Será porque lles parece que a Fe non vale para nada?

Parece ser que hai quen menospreza o labor do profesorado, dos médicos, do clero, dos xuices, da policía, da autoridade en xeral…
¿Sería mellor o Ensino sen o Profesorado?
¿Funcionaría mellor a Medicina sen Médicos?
¿Habería máis Xustiza se non houbera Xuíces?
¿Habería máis OrdePúblico sen Policía?
¿Conduciríamos mellor sen sinais de tráfico polas estradas?
¿Seríamos mellores e máis felices sen leis divinas nin humanas?

“¿QUE SERÍA DE NÓS?”
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas a cantas persoas teñen as ideas claras; entre as que se atopa vostede afortunadamente.
¡Parabéns!
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES