Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 27 de noviembre de 2019
Fun polo vento e vin polo aire

Fun polo vento e vin polo aire. Non me movín do sitio. Pero hai veces que me gusta dicir o que non é, o que non hai, o que non existe. Gústame esbardallar. Aínda que cometa Pingas de Orballoerros. Podo cometer un erro dicindo que me cheira mal o asunto dos espías rusos en Cataluña. Que esa noticia saia agora, precisamente agora; repito, chéirame mal. Podo ter o olfacto escarallado, pero aínda así, a miña cabeza traballa moito, bulebule. Fun polo vento e vin polo aire. Fun con Juan Luis Guerra e mentres fixen uns recados vin con Neil Young. Poida que a partir de xa! teñamos comunistas ata na sopa. Ó mellor é para desviar a atención. Ó mellor erro. Porque xa digo que, por veces, gústame dicir o que non é. Pero... aí queda a cousa. Fun polo vento e vin polo aire. Fun atender ó xuízo dos ERE e vin coa sentenza sobre os meus ombreiros. Seica foi moi dura a sentenza. E a min pésame a ineficacia da xustiza. Certo, o que realmente pesa é a perda deses 680 millóns de euros... que pagamos todos. E din que foi dura... Había de ser eu o xuíz; automaticamente facía tamén de verdugo. No noso país xa se sabe que a xustiza é unha comedia, un esperpento, unha carallada. Porque os do ERE foron condenados coma de risa, pero é que aínda hai moitos corruptos, moitas caixas B e moitos bancos que andan coma Pedro pola súa casa. Claro que mentres o españoliño de a pé siga de pasmón... Fun polo vento e vin polo aire. Non me fagades moito caso. Case sempre me gusta baduar ou lanzar as campás pero sen badalo.

Música e ordenador

Queda hora e media xusta para que chegue a unha e dez da madrugada. A esta hora hai intención de ver unha película. Porque é sábado e mañá non se madruga. Porque me apetece ver unha película. Procuro ver algunha película todas as noites. Certo que os días de fútbol e se é en xornada laboral, ó mellor non vexo ningunha. Non obstante, esa falta cinematográfica intento compensala cos domingos pola noite, onde adoito ver dúas. Nesta hora e media que me queda intentarei matar o tempo co de sempre, ou sexa, música a darlle cun sacho ou a esgalla e moito fochicar co ordenador. Podo escoitar a Buddy Holly e buscar pola Internet “que cheiran as formigas cando cheiran?”. Podo sacar a cabeza pola fiestra e soprarlle ó vento, por se este non leva a Pingas de Orballoforza suficiente. Agora, por exemplo, escoito os Beatles e o tema que escoito, súboo ó momento ó feisbuq. Cando remate o relato aínda quedará moito tempo para a unha e dez da madrugada. Intentarei arquivar no ordenador “cousas” que escribín na miña etapa madrileña; algo así como un cento de libros ou máis, entendendo por cada libro uns 200 folios a máquina. Era unha máquina de escribir. Son unha máquina de escribir... “cousas”. Cousas que ás veces non din nada, por veces non teñen sentido, pero sempre quedarán aí por se a alguén se lle dá buscarlle o seu aquel. Uff, escoitar a Barbra Streisand é algo así como unha ascensión ó ceo musical. Xa só queda unha hora e dez minutos para a película. Seguirei matando o tempo.

Por non aceptar as críticas

Segue a violencia no fútbol. Neste, ata podo chegar a entender que se pelexen xogadores e, por suposto, o público, que é o que máis vive con paixón este deporte que, ás veces, pasa a ser un recinto de gladiadores en vez dun deporte de amigos. O que non entendo é que un directivo opte polas puñadas porque si, porque lle dá a gana ou, mellor dito, porque non acepta as críticas. Os directivos son, precisamente, os que deberían dar exemplo de cordura, ter un chisco de xuízo. Algo que semella que non ten Ramón Dacosta, o presidente da UDO, ou sexa, da Unión Deportiva Ourense. Porque, segundo as novas que saíron nos xornais, optou por agredir a dous periodistas sen vir a conto. Ou polo que dicía antes: por non aceptar as críticas dos resultados e da xestión do seu club. E polo que se conta, este paisano xa non é a primeira vez que elixe a brutalidade, que escolle a violencia. Non obstante, o máis triste é o apoio ou xustificación dalgúns compoñentes do seu equipo e de certa afección. Cando a violencia, calquera signo de violencia non ten xustificación ningunha. Ningunha desculpa. Nin individual nin colectivamente. Agora tócalle ás Federacións poñer pé no asunto, tomar as súas medidas, pois entendo que el non tomará a iniciativa de deixar o club, nin a xustiza de coller o boi polo rabo. Porque se un señor optou por dúas veces xa darlle gusto ós seus puños, isto xa representa algo máis que unha simple liorta, xa vai máis alá do valor dunha palla.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES