Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Entre enganadores e alumeamentos

lunes, 25 de noviembre de 2019
Entre enganadores e alumeamentos No franquismo proxectaban fútbol e veladas de boxeo a darlle cun sacho para que o paisano de a pé non matase a cabeza con outros asuntos. Agora, na presunta democracia, cando algunha noticia empeza a facer algo de dano, axiña asoma outra para despistarnos, para que desviemos a atención e miremos para outro lugar.

Agora, na presunta democracia, tamén adoitan alporizarse a base de insultos, promesas, truques e retruques porque tal caso non é así porque debería ser doutra maneira. Na época da corrupción e as caixas B (o de época é un dicir), a oposición falaba e esbardallaba ó grande. Hoxe, cos ERE, a oposición berra e esgórxase a máis non poder. Pero tanto nunha ocasión coma na outra, e mentres os políticos fan que se pelexan ou que traballan, o paisano de a pé paga o pato, carga co pandote. Como está cargando co dos Bancos e como cargará todo a vida coa incompetencia dunha xustiza á que non lle interesou nin nunca lle interesará nivelar a balanza.

Aquí, no noso país, o esencial e ir tirando para adiante. Se hai un atranco chamamos a un xuíz ou a un político para, finalmente, rematar arrodeándoo. As caixas B seguen espalladas polo mundo, os 860 millóns dos ERE encheron as arcas duns poucos e os miles de millóns dos Bancos repuxémolos todos. Como debe ser! Mentres, a xustiza dedícase a resolver un furto de pouquiña cousa ou a valorar a disposición, o acomodo dun lazo amarelo. Así de sinxelo.

Entre enganadores e alumeamentosTamén nós deberiamos valorar o de que o Nadal empece no mes de novembro. Xa en por si é unha incongruencia. Con isto das famosas luces de Vigo, o tema creo que se está descontrolando un pouco. Cada vez se adianta máis o inicio das festas para que a xente consuma. Entón, pregunto, que diferencia hai entre, por exemplo, as casas de apostas e as iluminacións do Nadal. Tanto unhas coma as outras están para tentar a que o paisano de a pé consuma o que ganou co suor da súa fronte. Por que se intenta, entón, prohibir a publicidade das casa de apostas e, pola contra, por que se anima a darlle publicidade ós alumeamentos das cidades e concellos. Todo nesta vida está deseñado para que consumamos. E a ninguén lle importa que nos fundamos na miseria. Sexa baixo a lapa do vicio ou o fulgor dunha festa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES