Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O coche de Frai

viernes, 15 de febrero de 2008
Ós rapaces sempre nos gustaron os coches, é algo, creo eu, xenético, si, algo que nos vén de serie, como os airbags, algo innato que diría Descartes. Así é que de novos sempre estabamos aburrindo a case tódalas mozas falando de cabalos, de pinas de aluminio, de turbos e de traccións permanentes. Ben, a tódalas mozas non, no meu pobo estaba Hortensia que devecía polos coches tanto coma todos nós, e o caso é que anda hoxe de condutora no transporte escolar que a min un chisco de envexa si que me dá. Pero volvendo ó conto, estabamos a todas horas co mesmo, e tiñamos as paredes dos nosos cuartos cheas de pósteres e recortes de máquinas fermosísimas, eu aínda suspiro por un Porche 911 Clásico branco que estivo pendurado á cabeceira da miña cama e que podería debuxar cos ollos pechados.

Cando alguén do noso contorno mercaba un coche faltábanos tempo para irllo ver e pasmar diante del, nin que dicir ten que se nos levaba dar unha volta era como se correramos as 24 horas de Le Mans. Lembro cando Manolo de Silverio comprou un Citroën Gs Club, era o coche máis guapo e máis grande que viñera para o pobo. Todos nós nos imaxinabamos dentro daquel coche que semellaba unha nave espacial, tantas luciñas, tantos mandos, aqueles asentos que eran como sofás, mi madriña, que cochazo! Nisto que, un domingo, o cura dinos que dentro de quince días ía vir o bispo de visita pastoral, para nós aquilo só significou unha cousa: ¿qué coche terá o bispo? O cura, con paciencia, contestounos a aquela pregunta tan pouco ortodoxa dentro do marco da catequese. Díxonos que polo que el sabía, o de antes, tiña un Mercedes.

Botamos quince días especulando que tipo Mercedes sería, ata houbo alguén que, levado pola emoción, apuntou se sería un deportivo de dúas prazas. Con todo a maioría pensabamos que tiña que ser un grande, un deses coma os dos ministros, de catro portas e de cor negra. Chegado o día alí estabamos tódolos rapaces fóra, no atrio da igrexa, agardando para coñecer ó novo bispo, aínda que a dicir verdade ó que realmente queriamos coñecer era ó seu coche. Créanme, case nin nos demos conta de que chegara, de repente vemos que baixa alguén con trazas de cura dun coche branco, ¡ah, non era negro!. Pero iso non era o peor, non dabamos creto, o coche non era Mercedes, nin Volvo, nin Audi, nin Wolswagen... era un Renault, pero non un renault calquera, un renault 4 Tl, ¡un catro latas!. Un catro latas que exhibía orgulloso un lema no cristal de atrás: “Renault 4, su belleza es su mecánica”.

Anse 11-1-08
Ansemil, Xosé Luis
Ansemil, Xosé Luis


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES