Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

O fin do Camiño

viernes, 22 de noviembre de 2019
Este mércores, na fin do Camiño, inauguramos unha exposición sobre o fin do Camiño, en aparente xogo de palabras que ven ser proba da riqueza do noso idioma, con matices para todos os significados.

Sendo Camiño con maiúsculas, sabemos que falamos dos camiños que levan a Compostela, que agora son sete e poden ser setenta se aceptamos que os camiños a Santiago son todos aqueles por onde pasan peregrinos.

Falando de “a fin” do Camiño, referímonos necesariamente a Santiago, onde os Camiños rematan, xa que a fin en feminino fálanos da conclusión, término, do itinerario da peregrinación.

E falando de “o fin”, en masculino, trata do motor que move ao peregrino, do motivo da peregrinación, da causa que fai que alguén, en calquera lugar do mundo, se poña a camiñar, animado por un sentimento máis poderoso que a dor, o cansanzo, as inclemencias meteorolóxicas ou calquera dificultade física ou inmaterial.

A exposición que o colectivo Egeria inaugurou en lugar tan especial como a ermida de San Fiz de Solovio, onde apareceron as luces que anunciaban o sepulcro do Apóstolo, tenta explicar o casi inexplicable de cal é o motor que move ao peregrino, os sentimentos do camiñante, a ruta exterior que percorre ou a ruta interior que constrúe ata chegar ao seu destino e iniciar a viaxe de volta.

E isto, en galego, castelán e inglés, para que todos os peregrinos comproben -se eses son os seus sentimentos- que na fin dos Camiños a Compostela somos quen de comprender o seu sentir, xa que todos somos camiñantes na percura dun ideal –soño, ao fin- que só ao chegar á fin física se pode comprender o seu fin.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES