Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Ave, María San Gil

viernes, 15 de febrero de 2008
Os nosos temas son galegos, habitualmente. María San Gil non debería ser obxecto da nosa atención especial porque de ordinario as súas actividades e o seu labor político teñen por marco unha xeografía diferente e distante da nosa.

Pero María San Gil veu a Galicia, e foi maltratada de palabra e de obra por galegos. Entón, si merece a nosa atención.

Independentemente do grupo político ó que pertenza, María San Gil é a imaxe de muller independente, valente, traballadora, sensata e valente. (Conscientemente, o de “valente” vai repetido).

Independentemente do grupo político ó que pertenzan, os agresores de María San Gil son uns delincuentes e a súa actuación foi calificada de feito delictivo pola Fiscalía de Santiago, e de salvaxada polo Fiscal Xeral do Estado.

O tema corresponde á Policía, á Fiscalía e á Universidade. Porque se esta institución é centro de saber no máis amplo sentido, os que alteran de xeito grave a vida universitaria deben saber que algo así non pode quedar impune.

Os tres partidos políticos representados no Parlamento de Galicia condenaron os feitos, pero non estaría nada mal que se tivesen posto de acordo no Parlamento para un comunicado conxunto. Porque actos coma este están por riba de calquera consideración política; son, precisamente, a antítese do comportamento político esixible nun país civilizado.

Os galegos condenan os feitos; todos condenamos os feitos. E aínda que seguramente María San Gil non precise ánimos diante de penosas situacións xeradas pola intolerancia, saudámola coa simpatía que a súa valentía merece: ¡Ave, María San Gil!.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES