Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Con amor

jueves, 21 de noviembre de 2019
Todos somos fillos do AMOR e todo somos fillos dun acto de amor dos nosos proxenitores; por eso experimentamos unha gran ledicia cando:
-Unha criaturiña vén ó mundo:
¡O MILAGRE DA VIDA!.

-Contemplamos a maternidade ou a paternidade nas súas expresións máis tenras:
¡ALEGRÍA INDESCRIPTIBLE!

-Presenciamos un acto de entrañable cariño entre irmáns:
¡A FRATERNIDADE PERSONIFICADA!

-Percibimos o amor romántico que se manifestan os namorados:
¡O MÁIS SUBLIME DO SER HUMANO!

-Contemplamos unha mirada cómplice chea de cariño e comprensión entre esposos:
¡A COMPENETRACIÓN PERFECTA!

-Se abrazan as persoas moi queridas despois dun espazo longo de tempo sen vérense:
¡O SER INTERNO A FLOR DE PEL!

-Ante esceas familiares de entrañable intimidade:
¡O GOZO ÚNICO DA FAMILIA!

-Vemos que as persoas doentes son tratadas con esmero e dedicación:
¡A DOZURA SEN LÍMITES!

-Observamos as atencións que reciben moitísimas persoas na súa ancianidade:
¡O PREMIO A TODA UNHA VIDA!

-Un profesional do ensino se desvive polos seus alumnos:
¡CELO PEDAGÓXICO!

-Un profesional da medicina se desvela por devolver á saúde ós doentes:
¡A ENTREGA PROFESIONAL!

-Un sacerdote ve nos seus fregueses persoas creadas a imaxe e semellanza do mesmo Deus:
¡A MISERICORDIA E O PERDÓN!

-As persoas se entregan en corpo e alma á misión que teñen encomendada, como pais, como fillos, como profesionais: ¡AUTENTICIDADE!

Este tipo de persoas están entre nós tódolos días, a tódalas horas e nas diferentes circunstancias da vida dunha persoa.
SON AS PERSOAS QUE TRATAN A VIDA CON AMOR.
Son moitas; pero moitas veces pasan desapercibidas porque as consideramos normais.

CONSIDERAMOS QUE É ASÍ COMO SE DEBEN COMPORTAR CON NÓS:
-Cando chegamos a esta vida.
-Cando temos uns pais estupendos.
-Cando temos uns irmáns marabillosos.
-Cando somos a persoa amada.
-Cando temos un esposo ou unha esposa que nos quere con locura.
-Cando somos persoas moi queridas.
-Cando vivimos no seo dunha familia que non lle falta de nada.
-Cando sufrimos unha enfermidade.
-Cando somos anciáns e temos todo tipo de atencións.
-Cando somos alumnos queridos e valorados polo profesorado.
-Cando o personal de sanidade nos devolve a saúde e a alegría de vivir.
-Cando asistimos asiduamente ós actos da nosa parroquia.
-Cando temos calquera tipo de necesidade…

Daquela eu pregúntome:
SE CONSIDERAMOS QUE OS DEMAIS TEÑEN O DEBER DE TRATARNOS CON AMOR…
¿Por qué non sempre sentimos agradecemento cara ós outros?
¿Será porque levamos pouca conta do ben que nos fan?
¿Será porque somos despistados?

¿POR QUÉ SERÁ?
Este será o título do seguinte artigo.

Moitas grazas polos amor que deixa sementado; outros o recollerán e seguirán sementándoo.
¡Un bo labor!

Moitas grazas tamén por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES