A nosa Señora do Faro (5)
Blanco Prado, José Manuel - jueves, 21 de noviembre de 2019
A continuación, reseñamos unha mostra destes cantares, que cada vez vai sendo máis difícil poder oílos aos portadores da tradición popular.
1
Dende o Faro a Oseira
hai unha larga carreira;
iban a roubar á Virxe
e tornaron na Trapela
2
Hei de ir á Virxe do Faro,
hei de levarlle unha vela;
hei de buscar unha moza
que teña boa merenda
3
Nosa Señora do Faro,
baixade ao Rego da Ortiga
que xa me doen os ollos
de mirar tanto para arriba.
4
Nosa Señora do Faro,
déame o que ten na mau;
déame un mozo ben feito
que faga temblar o chau.
5
Nosa Señora do Faro,
baixa ao Campo das Pipas
para ver a tantos romeiros
chegando á Rega da Ortiga
6
Nosa Señora do Faro,
baixe abaixo unha miguiña,
veña ver a súa festa,
que ten no Campo das Pipas.
7
Nosa Señora do Faro
iba de Pena Maior,
mirou para o vale de Camba
e dixo: ¡ gracias a Dios!
8
Nosa Señora do Faro
está sentada na porta
mirando para os de Requeixo
como lle ruben a costa.
9
Nosa Señora do Faro
moi abogosa debe ser,
por onde ela pasa
non hai mal sin toller.
10
Nosa Señora do Faro
moi alta se foi pór,
dalle o aire, dalle o vento,
dalle o sol todo ao redor.
11
Nosa Señora do Faro,
a ónde ela se foi poñer,
ao val dos de Requeixo,
onda lle dan de comer.
12
Nosa Señora do Faro
rodeada de carqueixas,
rodeádeme de fertuna
que eu a rodearéi de ameixas.
13
Nosa Señora do Faro,
sempre no alto te ves;
hei de ir alá, miña Virxen,
que quero bicarche os pés.
14
Nosa Señora do Faro
sentada na súa porta
para recibir aos romeiros
que veñen rubindo a costa
15
Nosa Señora do Faro
ten a pipa no valado;
veu o bon de San Xosé
e tiróulle a pipa embaixo.
16
Nosa Señora do Faro
ten o liño na ventana;
correde alá, rapaciñas,
que se lle perde a bagaña.
17
Nosa Señora de Faro
ten un corral de galiñas
e ten un galo no medio
que canta ás maravillas.
18
Nosa Señora do Faro,
Virxe pequerrecha e blanca,
que tes a ermida no monte
onde o paxariño canta.
19
Nós somos os de Requeixo,
non o podemos negar,
que cando vimos do Faro
nótasenos no cantar.
20
O día oito do setembro
é un día moi señalado
que é o día da millor festa
na capilliña do Faro.
21
Nosa Señora do Faro,
vámola ver, que se mata,
que perdéu o seu rosarilo
con seis medallas de plata.
22
O día oito do setembro
eche un día moi nombrado
que é o día que se celebra
a millor festa do Faro.
23
¿Quén é aquela señora
que vai por a carrasqueira?
É Nosa Señora do Faro
que vai ver á de Ferreira.
24
Veñen rapaces e vellas
alá por a costa arriba
xa rezándolle de lonxe
a Dios-te-salve-María.
25
Vexo o Faro, vexo o Faro,
e tamén vexo o Farelo,
tamén vexo o Pico Sacro
e ademáis o Rodelo.
26
Quén me dera ir ao Ceo
e poder falar cos santos
e ver a Nosa Señora
amparadora de tantos.
27
Se sal a Virxe do Faro
arredores da capilla
florece o toxo e a xesta
e hastra a noite faise día.

Blanco Prado, José Manuel
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora