Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Mondoñedo e o asilo de Foz

miércoles, 13 de febrero de 2008
É de xustiza destacar a colaboración dos mindonienses en canta iniciativa xurdía en beneficio do Asilo de Foz; era a canle mais axeitada para recaudar fondos. Entón a nosa vila non contaba con colectivo musical nin artístico e o Orfeón de Mondoñedo (dirixido por don Uxío G. Amor e logo por don Alfonso de la Torre), era asíduo a estes eventos pois o coro era toda unha ambaixada artística que montaba unha velada dun par de horas, con grande éxito, xa que engadía a actuación de “Los Trovadores” (Irma, Lalo, David e o Latoneiro) e outros números, entre os que era moi celebrado o humorístico con Roberto Michelena e Manolo Araújo (Antón das Curuxeiras e Manuel das Invernegas), Maruxa Balsa e a maxia e a simpatía de Xosé Manuel Carballo.

1983. Cincuenta anos do Asilo. Alguen propón a celebración das Vodas de Ouro e a tal fin convócase unha reunión naquela Casa, pois preténdese a maior implicación da sociedade. Asisten á mesma o alcalde (Pepe Paz), Párroco, directores de Centros de Ensino, Apas, Confraría, Cámara Agraria, Amas de Casa, Viuvas, Asociacións Culturais e deportivas… Todos teñen a oportunidade de opinar, suxerir e debater, e tómase o acordo de render homenaxe a aquela Institución levando a cabo unha serie de actos relixiosos, culturais e deportivos, de adhesión de tódolos focegos, e tamén un fin económico: a adquisición ou a axuda para mercar unha nova furgoneta.

Coa presidencia honoraria do alcalde, elíxese unha comisión executiva encargada de levar a cabo o programa en cumprimento dos obxetivos acordados naquela xuntanza, que queda formada así: presidente, este cronista; secretario, Francisco Andina e tesoureiro, Antón Niñe. Os demais membros serán vocais, sempre dispostos a participar activamente e así entre todos levar a bó fin os obxetivos propostos.

O día 16 de xullo, en lembranza da inauguración do Asilo medio século antes, colócase o monolito de granito no xardín, no que figura a seguinte inscripción: “El Pueblo de Foz a la Residencia de Ancianos en sus Bodas de Oro: 1933-1983”. Sucédense de seguido distintos acontecementos: musicais (Banda de Sober, Coral de Vegadeo, Coro Parroquial, Orfeón de Mondoñedo); artísticos: exposición de O Feitizo -pintura, cerámica e fotografía- cuxos artistas ceden a ese fin o importe das ventas, e deportivos, así como o número estrela: o Ballet Gallego de Rey de Viana.
Fernández, Suso
Fernández, Suso


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES