Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 15 de noviembre de 2019
Non me importa berrar

Segue o mal tempo. Segue o mal político. Hoxe toca cantar o “Cara el sol”. Aínda que doa. Non temos conciencia. E cando nos decatemos do erro, ó mellor xa é tarde. Se isto acontece, espero chegar axiña a Portugal. Segue o mal tempo. O parasol dunha terraza bambéase ó vento. Hoxe foi unha gozada realizar o traxecto de Ourense ata Maceda. Sen practicamente tráfico. Vía libre como a de Vox. É o San Martiño en Ourense. E en Barbadás. E en San Cibrao das Viñas, ou sexa, no Polígono; sen tráfico, sen colas, sen camións. Segue o mal tempo. Pero teño que pasar o día como sexa. Que vai ser lendo, claro. Pois xa estou farto de ir ós cogomelos. Semella que aparecen uns raios solares. A ver se se mantiveran. Teño que rematar axiña o Pingas para subir ata o toural e, alí, dálle que dálle ós “Tempos recios”, de Mario Vargas Llosa. Antes hai que Pingas de Orballopasar polo caixeiro. Sen cartos non se vive, nunca se viviu. Segue o mal tempo. Aínda que asoma un respiro polo ceo do val do Medo. Os meus acadaron de novo representación en Madrid. A ver se se nos escoita dunha vez. Galicia tamén existe. E aínda que lle pese a moitos galegos, á maioría dos galegos. Porque tampouco temos moita conciencia que digamos. Quizais porque temos tan asumido o asoballamento que non nos sabemos erguer. Non sabemos berrar. Como moito, asubiamos para non alporizar o galiñeiro. Aínda que a min non me importa berrar ata esgazar a gorxa. E berro por Galicia. E berro pola miña terra. Marcho ler antes de que...

Bicamos a man que nos asoballa

O fútbol é imprevisible. A política é imprevisible. Ou o que é o mesmo, a xente é imprevisible. Ás veces pensas que non hai lóxica nesta vida. Ollando (así un pouco por arriba) os datos das votacións, vin que en Barbadás os votos a Vox medraron coma a escuma, algo así coma un 10%, a tan só 32 votos do terceiro, de Unidas Podemos, e por enriba do propio BNG, que non hai moito gobernaba (en coalición co PSdeG) este concello. Isto deixoume un chisco aparvado, algo así como medio ido. Precisamente nun concello no que penso que hai moita inmigración. E todos sabemos o que pensan os de Vox sobre os inmigrantes. A non ser, claro está, que os veciños de Barbadás votaran a Vox precisamente por iso: porque hai moito inmigrante e están desexando que se larguen (España, un país de emigrantes, odia ós inmigrantes; incongruencia total). Ante isto entroume de repente a dúbida: se non hai inmigrantes, quen traballa na Valenzá? Todos sabedes a que traballos me refiro. Iso é, a aqueles que non queremos os españois. Isto é exactamente igual ó que acontece coas tendas dos chinos, que esbardallamos contra elas e eles, e despois resulta que todos, absolutamente todos imos algunha vez a elas... porque nos sacan dun apuro. Non obstante, o de imprevisibles dígoo máis porque intúo que algún inmigrante tamén votou a ese “partido” (por chamarlle dalgunha maneira), xa que esa subida tan espectacular, non sei, non sei. O ser humano sempre foi así: bicamos a man que nos asoballa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES